Guía DocenteCurso
Escola Universitaria de Enfermaría (C)
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enfermaría
 Asignaturas
  Estancias Clínicas IV
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Seminario B1 B3 B8 B11 B16 B20 B24 C1 C4 C11

Criterios de avaliación:
1. Asistencia obrigatoria.
2. Participación: ata 3 puntos.
3. Capacidade de análise e síntese: ata 3 puntos.
4. Capacidade crítica e achega persoal: ata 4 puntos.
10
Presentación oral C1 C3 C12 O plano de coidados realizado durante o rotatorio presentarase obrigatoriamente de xeito oral e empregando apoio audiovisual.
Criterios de avaliación (ata 1 punto cada apartado):
1. Emprega terminoloxía científica.
2. Adáptase ó tempo establecido.
3. Exprésase verbalmente con fluidez.
4. Utiliza os recursos tecnolóxicos ó seu alcance para a exposición.
5. Demostra actitude de escoita e respeto polas aportacións dos outros estudantes.
5
Estudo de casos B1 B3 B8 B11 B12 B19 C1 C3 C7 C10 Criterios de avaliación:
1. Asistencia obrigatoria.
2. Presentación e estructura: ata 2 puntos.
3. Claridade na redacción: ata 2 puntos.
4. Capacidade de análise e síntese: ata 2 puntos.
5. Capacidade crítica e achega persoal: ata 4 puntos.
35
Prácticas clínicas A62 B24 B22 B20 B19 B16 B15 B14 B13 B12 B11 B10 B9 B8 B7 B6 B5 B3 B1 C1 C3 C4 C7 C10 C11 C12

A asistencia ás prácticas clínicas será obrigatoria. Realizarase unha avaliación continuada da adquisición das competencias a través dos criterios ou indicadores establecidos.
50
 
Observacións avaliación

A superación da materia queda suxeita a que cada unha das metodoloxías sexa superada polo estudante de forma independiente, acadando o 50% da nota máxima posible da porcentaxe que lle corresponde.

Dado que a asistencia ás prácticas clínicas é obrigatoria, as ausencias deberán xustificarse de acordo a normativa xeral do Centro relativa as Estancias Clínicas. Éstas serán recuperadas ó remate dos rotatorios establecidos, e antes da data de peche das actas. As faltas non xustificadas serán valoradas segundo o especificado na normativa xeral do Centro.

As datas e os horarios nos que cada estudante realizará as prácticas clínicas publicarase no taboleiro da Escola antes do inicio das mesmas.

O finalizar o periodo de prácticas clínicas os estudantes deberan presentar a a Memoria segundo se especifica no regulamento de Estadias Clinicas.

Avaliación 2º oportunidade: Dado que a practica clinica e unha actividade presencial, non recuperable, os estudantes so poderán empregar a 2ª oportunidade para recuperar as activiades relativas a solución de problemas.

Adianto de oportunidade e estudantes con matricula parcial, dado que a practica clínica e unha actividade presencial, non recuperable, non e posible establecer unha avaliación diferente para estos casos.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes