Guía DocenteCurso
Escola Universitaria de Enfermaría (C)
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enfermaría
 Asignaturas
  Estancias Clínicas V
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Prácticas clínicas Actividade formativa que se desenvolve no 1º cuadrimestre do cuarto curso, tendo como finalidade capacitar aos estudantes para identificar os problemas de saúde das persoas en situación crítica, e colaborar na planificación, execución e avaliación dos coidados aplicados a ditas persoas e as súas familias.

Os rotatorios clínicos realizaranse no Hospital Universitario A Coruña.
As prácticas realizaranse en quendas rotatorias de maña e tarde
Solución de problemas Actividade encamiñada a promover a aprendizaxe autónoma do estudante. O estudante poderá elexir entre:

- Describir e analizar un protocolo, técnica ou procedemento específico da unidade onde se rota no que a colaboración ou responsabilidade do profesional enfermeiro sexa relevante (previa validación pola profesora responsable da materia)

A asistencia será obrigatoria

Presentación oral Actividade na que o estudante realizará a exposición verbal a outros estudantes e ó profesor, do protocolo, técnica, procedemento ou caso clínico desenvolto, tendo que facer as aclaracións oportunas ás cuestións que xurdan tras a exposición.
Actividades iniciais Actividade obrigatoria que se leva a cabo nun aula antes de iniciar as prácticas clínicas. Nela explicanse pormenorizadamente as competencias que debe adquirir o alumno nesta asignatura, a forma de avaliación da mesma, e aspectos organizacionais e de regulamento relevantes para o bo desenvolvemento das prácticas clínicas.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes