Teaching GuideTerm
University College of Nursing (C)
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enfermaría
 Subjects
  Clinical Placement V
   Methodologies
Methodologies Description
Clinical practice placement Actividade formativa que se desenvolve no 1º cuadrimestre do cuarto curso, tendo como finalidade capacitar aos estudantes para identificar os problemas de saúde das persoas en situación crítica, e colaborar na planificación, execución e avaliación dos coidados aplicados a ditas persoas e as súas familias.

Os rotatorios clínicos realizaranse no Hospital Universitario A Coruña.
As prácticas realizaranse en quendas rotatorias de maña e tarde
Problem solving Actividade encamiñada a promover a aprendizaxe autónoma do estudante. O estudante poderá elexir entre:

- Describir e analizar un protocolo, técnica ou procedemento específico da unidade onde se rota no que a colaboración ou responsabilidade do profesional enfermeiro sexa relevante (previa validación pola profesora responsable da materia)

A asistencia será obrigatoria

Oral presentation Actividade na que o estudante realizará a exposición verbal a outros estudantes e ó profesor, do protocolo, técnica, procedemento ou caso clínico desenvolto, tendo que facer as aclaracións oportunas ás cuestións que xurdan tras a exposición.
Introductory activities Actividade obrigatoria que se leva a cabo nun aula antes de iniciar as prácticas clínicas. Nela explicanse pormenorizadamente as competencias que debe adquirir o alumno nesta asignatura, a forma de avaliación da mesma, e aspectos organizacionais e de regulamento relevantes para o bo desenvolvemento das prácticas clínicas.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes