Guía DocenteCurso
Escola Universitaria de Enfermaría (C)
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enfermaría
 Asignaturas
  Estancias Clínicas V
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas clínicas A62 B1 B3 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B14 B15 B16 B19 B20 B22 B24 C1 C3 C4 C7 C10 C11 C12
A asistencia ás prácticas clínicas será obrigatoria. Realizarase unha avaliación continuada da adquisición das competencias a través dos criterios ou indicadores establecidos.
50
Solución de problemas A62 B1 B3 B5 B8 B9 B11 B12 B13 B15 B16 B24 C1 C3 C4 C7 C10 C11 C12 Criterios de Avaliacion:

1. Asistencia obrigatoria.
2. Presentación e estructura: ata 2 puntos.
3. Claridade e uso da terminoloxía científica na redacción: ata 2 puntos.
4. Capacidade de análise e síntese: ata 3 puntos.
5. Capacidade crítica e achega persoal: ata 3 puntos.

45
Presentación oral C1 C3 C12 O traballo realizado durante o rotatorio presentarase obrigatoriamente de xeito oral e empregando apoio audiovisual.
Criterios de avaliación (ata 1 punto cada apartado):
1. Capacidade de resposta: ata 1 punto
2. Xestión do tempo: ata 0,5 puntos
3. Estructura da exposición: ata 1 punto
4. Formato da exposición: ata 1 punto
4. Explicación dos contidos: ata 1,5 puntos
5
 
Observacións avaliación

Para poder realizar as prácticas clínicas correspondentes é necesario estar matriculado oficialmente na materia e ter superadas as Estancias Clínicas I y II, III tal e como consta na memoria do título de grao.

A superación da materia queda suxeita a que cada unha das metodoloxías sexa superada polo estudante de forma independiente, acadando o 50% da nota máxima posible da porcentaxe que lle corresponde.

Dado que a asistencia ás prácticas clínicas é obrigatoria, as ausencias deberán comunicarse de acordo a normativa xeral do Centro relativa ás Estadías Clínicas. Éstas serán recuperadas ó remate dos rotatorios establecidos, e antes da data de peche das actas. As faltas non comunicadas serán valoradas segundo o especificado na normativa xeral do Centro. 

As datas e os horarios nos que cada estudante realizará as prácticas clínicas publicarase no taboleiro da Escola antes do inicio das mesmas.

O finalizar o periodo de prácticas clínicas os estudantes deberan presentar a Memoria segundo se especifica no regulamento de Estadias Clinicas.

Avaliación 2º oportunidade: Dado que a practica clinica e unha actividade presencial, non recuperable, os estudantes so poderán empregar a 2ª oportunidade para recuperar as activiades relativas a solución de problemas.

Adianto de oportunidade e estudantes con matricula parcial, dado que a practica clínica e unha actividade presencial, non recuperable, non e posible establecer unha avaliación diferente para estos casos.

 

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes