Guía DocenteCurso
Escola Universitaria de Enfermaría (C)
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enfermaría
 Asignaturas
  Estancias Clínicas V
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A62 B24 B22 B20 B19 B16 B14 B13 B12 B11 B10 B9 B8 B7 B3 B1 C1 C3 C4 C7 C10 C11 C12 Criterios de avaliación:

1. Presentación e estructura: ata 2 puntos
2 Claridade e uso da terminoloxía científica na redacción: ata 2 puntos
3. Capacidade de análise e síntese: ata 3 puntos
4. Capacidade crítica e achega persoal: ata 3 puntos
40
Prácticas clínicas A62 B24 B22 B20 B19 B16 B15 B14 B13 B12 B11 B10 B9 B8 B7 B6 B5 B3 B1 C1 C3 C4 C7 C10 C11 C12 A asistencia ás prácticas clínicas será obrigatoria. Realizarase unha avaliación continuada da adquisición das competencias a través dos criterios ou indicadores establecidos, para elo disponse dun informe de avaliación e seguimento específico para esta materia. 50
Presentación oral B3 B6 B8 B11 C1 C3 C12 O traballo realizado durante o rotatorio presentarase obrigatoriamente de xeito oral e empregando apoio audiovisual.
Criterios de avaliación:
1. Capacidade de resposta: ata 3 puntos
2. Xestión do tempo: ata 1 puntos
3. Estructura da exposición: ata 2 punto
4. Formato da exposición: ata 1 punto
4. Explicación dos contidos: ata 3 puntos
10
 
Observacións avaliación

Para poder realizar as prácticas clínicas correspondentes é necesario estar matriculado oficialmente na materia e ter superadas as Estadías Clínicas I y II, III tal e como consta na memoria do título de grao.

A superación da materia queda suxeita a que cada unha das metodoloxías sexa superada polo estudante de forma independiente, acadando o 50% da nota máxima posible da porcentaxe que lle corresponde.

Dado que a asistencia ás prácticas clínicas é obrigatoria, as ausencias deberán comunicarse de acordo á normativa xeral do centro académico, relativa ás Estadías Clínicas. Estas serán recuperadas ó remate dos rotatorios establecidos, e antes da data de peche das actas. As faltas non comunicadas serán valoradas segundo o especificado na normativa xeral do centro académico. 

As datas e os horarios nos que cada estudante realizará as prácticas clínicas publicaranse no taboleiro da Escola antes do inicio das mesmas.

Ó finalizar o período de prácticas clínicas os estudantes deberán presentar a Memoria Final de Prácticas segundo se especifica no regulamento de Estadías Clínicas para poder ser avaliados.

Avaliación 2ª oportunidade: Dado que a práctica clínica é unha actividade presencial, non recuperable, os estudantes so poderán empregar a 2ª oportunidade para recuperar as actividades relativas ó traballo tutelado e á súa presentación.

Adianto de oportunidade e estudantes con matrícula parcial: Dado que a práctica clínica é unha actividade presencial, non recuperable, non é posible establecer unha avaliación diferente para estos casos.

 

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes