Guía DocenteCurso
Escola Universitaria de Enfermaría (C)
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enfermaría
 Asignaturas
  Estancias Clínicas V
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A62 B1 B3 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B14 B16 B19 B20 B22 B24 C1 C3 C4 C7 C10 C11 C12 Criterios de avaliación:

1. Presentación e estructura: ata 2 puntos
2 Claridade e uso da terminoloxía científica na redacción: ata 2 puntos
3. Capacidade de análise e síntese: ata 3 puntos
4. Capacidade crítica e achega persoal: ata 3 puntos
40
Prácticas clínicas A62 B1 B3 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B14 B15 B16 B19 B20 B22 B24 C1 C3 C4 C7 C10 C11 C12
A asistencia ás prácticas clínicas será obrigatoria. Realizarase unha avaliación continuada da adquisición das competencias a través dos criterios ou indicadores establecidos, para elo disponse dun informe de seguimento e avaliación específico para esta materia.
O seminario e a simulación que se desenvolvan terán carácter obrigatorio, así como o propósito de facilitar a integración dos coñecementos, habilidades e actitudes precisas para o coidado dos doentes críticos. As evidencias que neles se recollan sobre o alumnado serán tidas en conta na avaliación dos distintos indicadores do informe de seguimento e avaliación.
50
Presentación oral A62 B3 B6 B8 B11 C1 C3 C12 O traballo tutelado realizado durante o rotatorio presentarase obrigatoriamente de xeito oral e empregando apoio audiovisual.
Criterios de avaliación:
1. Capacidade de resposta: ata 3 puntos
2. Xestión do tempo: ata 1 punto
3. Estructura da exposición: ata 2 puntos
4. Formato da exposición: ata 1 punto
4. Explicación dos contidos: ata 3 puntos
10
 
Observacións avaliación

Para poder realizar as prácticas clínicas correspondentes é necesario estar matriculado oficialmente na materia e ter superadas as Estadías Clínicas I, II e III, tal e como consta na Memoria do Título de Grao.

A superación da materia queda suxeita a que cada unha das metodoloxías sexa superada polo estudante de forma independiente, acadando o 50% da nota máxima posible da porcentaxe que lle corresponde.

Dado que a asistencia ás prácticas clínicas é obrigatoria, as ausencias deberán comunicarse de acordo á normativa xeral do centro académico, relativa ás Estadías Clínicas. Estas serán recuperadas ao remate dos rotatorios establecidos, e antes da data de peche das actas. As faltas non comunicadas serán valoradas segundo o especificado na normativa xeral do centro académico. 

As datas e os horarios nos que cada estudante realizará as prácticas clínicas publicaranse na plataforma Moodle con suficiente antelación ao inicio das mesmas.

Ao finalizar o período de prácticas clínicas os estudantes deberán presentar a Memoria Final de Prácticas, segundo se especifica no regulamento de Estadías Clínicas, para poder ser avaliados.

Avaliación 2ª oportunidade: Dado que a práctica clínica é unha actividade presencial non recuperable, o alumnado so poderá empregar a 2ª oportunidade para recuperar as actividades relativas ao traballo tutelado e á súa presentación.

Adianto de oportunidade e estudantes con matrícula parcial: Dado que a práctica clínica é unha actividade presencial non recuperable, non é posible establecer unha avaliación diferente para estos casos.

A cualificación de Matrícula de Honra poderá obtela o alumnado que puntúe alomenos un 9, con preferencia para o alumnado que obtivera máis nota. En caso de igualdade de puntuación e habendo máis aspirantes que matrículas, prevalecerá o alumnado que obtivese máis nota na metodoloxía de maior peso porcentual.

Na realización dos traballos tutelados, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluíndo aquel obtido a través de Internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é o caso, o permiso do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na actividade.

Esta materia ten en conta as recomendacións sobre SOSTIBILIDADE, MEDIO AMBIENTE, PERSOA E IGUALDADE DE XÉNERO para acadar unha contorna inmediata sustentable, ambiental e social. Ademais dúas das competencias xerais que debe adquirir o alumnado dentro do grao e da materia son B20 e B24; a primeira é a sensibilidade cara temas medioambientais e a segunda sinala a necesidade de fomentar e aplicar os dereitos fundamentais e a igualdade entre homes e mulleres. Por todo isto:

- A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia realizarase a través de MOODLE, en formato dixital sen necesidade de imprimilos.

- Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural.

- Débense ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sostibilidade nos comportamentos persoais e profesionais.

- Atendendo ás distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria, nesta materia está incorporada a perspectiva de xénero: usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores de ambos os sexos, propiciarase a intervención nas distintas actividades da materia de alumnos e alumnas.

- Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.

- Prestarase especial atención en detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas.

- Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes