Guía DocenteCurso
Escola Universitaria de Enfermaría (C)
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enfermaría
 Asignaturas
  Estancias Clínicas VI
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas clínicas A62 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B14 B15 B16 B19 B20 B22 B24 C1 C3 C4 C7 C10 C11 C12 Realizarase unha avaliación continuada a través dos criterios ou indicadores establecidos para a valoración das competencias.
A asistencia é obrigatoria.
50
Solución de problemas A62 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B14 B15 B16 B19 B20 B22 B24 C1 C3 C4 C7 C10 C11 C12 O estudante traballará sobre un caso real da actividade profesional para comprender a situación e desenvolver as intervencións precisas e alcanzar os resultados establecidos en base a dito caso.
A presentación é obrigatoria.

Criterios de avaliación:
1. Presentación oral e escrita: 2 puntos.
2. Capacidade de síntese: 2 puntos.
3. Razoamento clínico: 5 puntos. Correcta formulación dos DdE e selección de resultados. Argumenta a selección das intervencións e identifica os puntos de vista diferentes, con base á evidencia científica. Establece criterios para avaliar a efectividade das intervencións.
4. Aportación persoal: 1 puntos.
45
Presentación oral A62 B1 B2 B3 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B14 B15 B22 C1 C3 C4 C7 C12 O plano de coidados realizado durante o rotatorio presentarase obrigatoriamente de xeito oral e empregando apoio audiovisual.

Criterios de avaliación: 1. Emprega terminoloxía científica. 2. Adáptase ó tempo establecido. 3. Exprésase verbalmente con fluidez. 4. Utiliza os recursos tecnolóxicos ó seu alcance para a exposición. 5. Demostra actitude de escoita e respeto polas aportacións dos outros estudantes.
5
 
Observacións avaliación

 A aplicación das
porcentaxes na avaliación final para a superación da materia quedará suxeita a
que cada unha das metodoloxias que computen na avaliación sexan superadas polo
estudante segundo os criterios que se establezan.

Dado que a asistencia ás prácticas clínicas é obrigatoria, as ausencias
deberán xustificarse de acordo a normativa xeral do Centro relativa as
Estancias Clínicas. Éstas serán recuperadas ó remate dos rotatorios
establecidos, e antes da data de peche das actas. As faltas non xustificadas
serán valoradas segundo o especificado na normativa xeral do Centro.

As datas e os horarios nos que cada estudante
realizará as prácticas clínicas publicarase no taboleiro da Escola antes do
inicio das mesmas.

Ó finalizar o periodo de prácticas clínicas os estudantes deberan presentar  a Memoria segundo se especifica no regulamento de Estadias Clinicas.

Avaliación 2º oportunidade: Dado que a practica clinica e unha actividade presencial, non recuperable, os estudantes so poderán empregar a 2ª oportunidade para recuperar as activiades relativas a solución de problemas.

Adianto de oportunidade e estudantes con matricula parcial, dado que a practica clínica e unha actividade presencial, non recuperable, non e posible establecer unha avaliación diferente para estos casos.



Naqueles casos, nos que por ausencia da supervisora da unidade, exista dificultade no seguemento/evaluación dos estudantes utilizarase unha ficha de asistencia que portará o/a estudante e que asinarán as/os enfermeiras/os coas que se atopen rotando.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes