Guía DocenteCurso
Escola Universitaria de Enfermaría (C)
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enfermaría
 Asignaturas
  Estancias Clínicas VI
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Estudo de casos A62 B24 B19 B16 B15 B13 B12 B11 B10 B9 B8 B7 B6 B4 B3 B2 B1 C1 C3 C4 C7 C10 C11 C12 • Presentación escrita:2 puntos
O documento adáptase a todas as normas e estrutura preestablecidas.
Os apartados están perfectamente ordenados e compren os requisitos.
Excelente redacción. Non hai faltas de ortografía.
En todo o texto apreciase unha utilización excelente do léxico específico.
• Capacidade de síntesis: 1 punto
Demostra unha excelente capacidade para examinar, contrastar e resumir a información.
• Razoamento clínico: 5 puntos
Realiza unha recollida completa e sistemática de tódolos datos das necesidades/patróns.
Correcta formulación Diagnósticos de enfermería e a selección dos resultados
Prioriza correctamente os problemas tendo en conta as prioridades do paciente.
Argumenta a selección das intervención e identifica os puntos de vista diferentes , con base á evidencia científica
Establece criterios para avaliar a efectividade das intervencións

• Traballo autónomo e aportación personal: 1 punto
• Presentación oral do traballo realizado no Estudo de Caso: 1 punto

50
Prácticas clínicas A62 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B14 B15 B16 B19 B20 B22 B24 C1 C3 C4 C7 C10 C11 C12 Realizarase unha avaliación continuada a través dos criterios ou indicadores establecidos para a valoración das competencias.
A asistencia é obrigatoria.
50
 
Observacións avaliación

 A aplicación das
porcentaxes na avaliación final para a superación da materia quedará suxeita a
que cada unha das metodoloxias que computen na avaliación sexan superadas polo
estudante segundo os criterios que se establezan.

Dado que a asistencia ás prácticas clínicas é obrigatoria, as ausencias
deberán xustificarse de acordo a normativa xeral do Centro relativa as
Estancias Clínicas. Éstas serán recuperadas ó remate dos rotatorios
establecidos, e antes da data de peche das actas. As faltas non xustificadas
serán valoradas segundo o especificado na normativa xeral do Centro.

As datas e os horarios nos que cada estudante
realizará as prácticas clínicas publicarase no campus virtual antes do
inicio das mesmas.

Ó finalizar o periodo de prácticas clínicas os estudantes deberan presentar  a Memoria segundo se especifica no regulamento de Estadias Clinicas.

Avaliación 2º oportunidade: Dado que a practica clinica e unha actividade presencial, non recuperable, os estudantes so poderán empregar a 2ª oportunidade para recuperar as activiades relativas a estudo de casos.

Adianto de oportunidade e estudantes con matricula parcial, dado que a practica clínica é unha actividade presencial, non recuperable, non e posible establecer unha avaliación diferente para estos casos.

A cualificación de Matrícula de Honra poderá
obtela o alumnado que puntúe alomenos un 9, con preferencia para o alumnado que
obtivera máis nota. En caso de igualdade de puntuación e habendo máis
aspirantes que matrículas, prevalecerá o alumnado que obtivese máis nota na metodoloxía
de práctica clínica.

A realización fraudulenta das probas ou
actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a
cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será
cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do
curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira
oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa
cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.

Esta materia ten en conta as recomendacións
sobre SOSTIBILIDADE, MEDIO AMBIENTE, PERSOA E IGUALDADE DE XÉNERO para acadar
unha contorna inmediata sustentable, ambiental e social. Por todo isto:

- A entrega dos traballos documentais que se
realicen nesta materia realizarase a través de MOODLE, en formato dixital sen
necesidade de imprimilos.

- Débese facer un uso sostible dos recursos e
a prevención de impactos negativos sobre o medio natural.

- Débense ter en conta a importancia dos
principios éticos relacionados cos valores da sostibilidade nos comportamentos
persoais e profesionais.

- Atendendo ás distintas normativas de
aplicación para a docencia universitaria, nesta materia está incorporada a
perspectiva de xénero: usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía
de autores de ambos os sexos, propiciarase a intervención nas distintas
actividades da materia de alumnas e alumnos.

- Traballarase para identificar e modificar
prexuízos e actitudes sexistas, e influirase na contorna para modificalos e
fomentar valores de respecto e igualdade.

- Prestarase especial atención en detectar situacións
de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para
corrixilas.

- Facilitarase a plena integración do alumnado
que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten
dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida
universitaria.

 

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes