Guía DocenteCurso
Escola Universitaria de Enfermaría (C)
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enfermaría
 Asignaturas
  Practicum
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Prácticas clínicas Práctica clínica de intervención integradora e avanzada que se desenvolve no ámbito hospitalario ou comunitario (segundo asignación) en quenda fixa ou rotatoria.
Sesión maxistral Exposición oral complementada con presentación gráfica e documentación escrita, sobre a aplicación da Ley Organica de Protección de Datos (LOPD) nos Sistemas de Información e Comunicación en Ciencias da Saúde.
Portafolios do alumno O Portafolios conten o rexistro realizado polos estudantes durante o período de práctica clínica. Con unha extensión máxima de 7 páxinas.
Constará dos seguintes contidos :
1. Memoria de Prácticas, integrada polos seguintes documentos:
- Reflexión Crítica sobre a Unidade Clínica ou Centro de Saúde na que se realizaron as prácticas.
- Autoavaliación do estudante, mediante items normativizados
2. Diario Reflexivo de Prácticas, como exercicio de introspección respecto da experiencia das Prácticas Clínicas e valoración das perspectivas profesionais e persoais.
Seminario O estudante elixirá un procedemento, protocolo ou técnica que se realiza na unidade de prácticas para analizalo segundo as seguintes premisas:
Descrición, obxectivos e material necesario (de ser o caso).
Fundamento científico dos distintos pasos ou actividades das fases de execución, valoración e avaliación. Avaliación crítica segundo a evidencia científica dispoñible.
Será presentado de xeito oral con apoio audiovisual entre un grupo pequeno de estudantes. As datas especifícanse no cronograma de traballo da materia.
Estudo de casos O estudante elixirá un proceso patolóxico tipo da Unidade de Prácticas e realizará o seguimento dunha persoa con ese problema de saúde, seguindo os pasos que se enumeran a continuación:
Descrición do proceso patolóxico elixido. Bases fisio-patolóxicas do caso.
Enumeración dos problemas de saúde e complicacións potenciais, determinando obxectivos e actividades de enfermaría para resolver e previr os problemas reais e potenciais detectados.
Valoración final do estudante sobre as fortalezas e dificultades percibidas para a realización do traballo.
O traballo sobre o caso clínico enviarase por correo electrónico á profesora asignada e será presentado de forma oral (con apoio audiovisual) nunha sesión de grupo reducido. A profesora especificara, de ser o caso, a necesidade de usar taxonomía enfermeira, dependendo la unidade na que se realicen as Prácticas.
Actividades iniciais Actividade que ten lugar antes do inicio das prácticas clínicas. Realizarase unha sesión na aula para o grupo completo de estudantes na que se especificarán as metodoloxías para o correcto desenvolvemento da materia, así como o sistema de avaliación. Asi mesmo, cada profesora realiza a presentación ao grupo asignado para aclarar aspectos relativos a actividade segundo se realicen as prácticas clínicas en atención especializada ou atención primaria.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes