Guía DocenteCurso
Escola Universitaria de Enfermaría (C)
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enfermaría
 Asignaturas
  Practicum
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Prácticas clínicas Práctica clínica de intervención integradora e avanzada que se desenvolve no ámbito hospitalario ou comunitario (segundo asignación) en quenda fixa ou rotatoria.
Portafolios do alumno O Portafolios contén o rexistro realizado polo estudantado durante o período de práctica clínica.
Constará dos seguintes contidos :
1. MEMORIA DE PRÁCTICAS, integrada polos seguintes documentos:
- Reflexión Crítica sobre a Unidade Clínica ou Centro de Saúde na que se realizaron as prácticas.
- Autoavaliación do estudante
2. DIARIO REFLEXIVO DE PRÁCTICAS, como exercicio de introspección respecto da experiencia das Prácticas Clínicas e valoración das perspectivas profesionais e persoais.
Estudo de casos A /o estudante elixirá un proceso patolóxico tipo da Unidade de Prácticas e realizará o seguimento dunha persoa con ese problema de saúde, seguindo os pasos que se enumeran a continuación:
Descrición do proceso patolóxico elixido. Bases fisio-patolóxicas do caso.
Enumeración dos problemas de saúde e complicacións potenciais, determinando obxectivos e actividades de enfermaría para resolver e previr os problemas reais e potenciais detectados.
Valoración final do estudante sobre as fortalezas e dificultades percibidas para a realización do traballo.
O traballo sobre o caso clínico colgarase na plataforma Moodle ou enviarase por correo electrónico á profesora asignada e será presentado de forma oral (con apoio audiovisual) nunha sesión de grupo reducido. A profesora especificará, de ser o caso, a necesidade de usar taxonomía enfermeira, dependendo da unidade na que se realicen as prácticas.
Lecturas O profesorado presentará ao alumnado, para a sua leitura crítica, un conxunto de textos e documentación escrita que se recolleron e editaron como fonte de profundización nos contidos traballados.
Actividades iniciais Actividade que ten lugar antes do inicio das prácticas clínicas. Realizarase unha sesión na aula para o grupo completo do estudantado na que se especificarán as metodoloxías para o correcto desenvolvemento da materia, así como o sistema de avaliación. Asi mesmo, cada profesora realiza a presentación ó grupo asignado para aclarar aspectos relativos a actividade segundo se realicen as prácticas clínicas en atención especializada ou atención primaria.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes