Guía DocenteCurso
Escola Universitaria de Enfermaría (C)
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enfermaría
 Asignaturas
  Practicum
   Atención personalizada
Metodoloxías
Prácticas clínicas
Lecturas
Estudo de casos
Descrición
A atención personalizada relacionada coas prácticas clínicas ten como finalidade atender as consultas do estudantado relacionadas co seguimento e avaliación dos coñecementos, actitudes, valores e habilidades que as-os estudantes deben acadar. Farase de forma individualizada, ben de xeito presencial, a través de Teams o del correo electrónico.

A atención personalizada relacionada co Estudo de casos ten como finalidade orientar ao estudantado no desenvolvemento da planificación e a presentación das situacións clínicas. O seguimento farase de forma individual ou en pequenos grupos, ben de maneira presencial, a través de Teams ou do correo electrónico.

A realización do Portafolios tamén disporá de atención personalizada a través dos medios indicados anteriormente.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes