Guía DocenteCurso
Escola Universitaria de Enfermaría (C)
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enfermaría
 Asignaturas
  Practicum
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas clínicas A62 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B14 B15 B16 B18 B19 B20 B21 B22 B24 C1 C3 C4 C6 C7 C8 C10 C11 C12 C13 Realizarase unha avaliación continuada a través dos criterios ou indicadores establecidos para a valoración das competencias. A asistencia é obrigatoria. 50
Portafolios do alumno A62 B1 B3 B4 B8 C1 C7 C11 C12 C13 Para a avaliación do Portafolio terase en conta a súa presentación en tempo e forma, así como a cumplimentación correcta de todolos apartados que o compoñen: ata 3 puntos
A claridade e corrección na redacción, a capacidade de síntese e a cumplimentación de todolos items de autoavaliación serán fundamentais para a avaliación do Portafolio: ata 3 puntos
A capacidade crítica e a corrección narrativa teranse en conta para a avaliación do Diario Reflexivo de Prácticas: ata 4 puntos
O peso total do Portafolios na nota final e do 10%
15
Estudo de casos A62 B2 B3 B4 B8 B11 B12 B13 C1 C3 C4 C6 C7 C8 C10 C11 C12 O estudantado presentará o caso clínico en grupos de estudantes (ou individualmente segundo determine o docente) e responderán ás preguntas realizadas polos componentes do grupo. A presentación oral do Estudo de Caso asignaráselle un máximo de 10 puntos e suporá o 20% do total da nota neste apartado.
Para a avaliación da presentación oral terase en conta o tempo de exposición, o uso de recursos audiovisuais, a capacidade de síntese, o dominio dos contidos e da exposición, así como a claridade da mesma.

Ao Estudo de Caso asignaráselle unha puntuación máxima de 10 puntos e suporá o 80% do total da nota neste apartado.
Os criterios de avaliación son os seguintes:
1. Presentación (léxico, redacción, orde dos apartados, estrutura): ata 1 punto
2. Valoración por necesidades básicas de V. Henderson ou Patróns funcionais de M. Gordon: ata 2 puntos
3. Diagnósticos: ata 2 puntos
4. Planificación (priorización, NIC, NOC): ata 3 puntos
5. Avaliación: ata 1 punto
6. Referencias bibliográficas: ata 1 punto
35
 
Observacións avaliación

Para poder realizar as prácticas clínicas correspondentes  é necesario estar matriculado oficialmente na materia e ter superadas as Estadías Clínicas I, II, III, IV, V, VI e VII; tal e como consta na memoria do Título de grao en Enfermaría.

A aplicación das porcentaxes na avaliación final para a superación da materia quedará suxeita a que cada unha das metodoloxías que computen na avaliación sexan superadas polo estudantado segundo os criterios establecidos.

Dado que a asistencia ás prácticas clínicas e obrigatoria, as ausencias deberán comunicarse dacordo á normativa xeral do Centro relativa as Estadías Clínicas. Éstas serán recuperadas ao remate dos rotatorios establecidos, e antes da data de peche das actas. As faltas non comunicadas serán valoradas segundo o especificado na normativa xeral do Centro. Ao finalizar o periodo de prácticas clínicas o estudantado deberá presentar a Memoria segundo se especifica no regulamento de Estadías Clínicas. 

Avaliación 2º oportunidade:

Dada a natureza das metodoloxías utilizadas no desenvolvemento da materia, na que a maioría das actividades son presenciais (práctica clínica), e polo tanto non recuperables, o estudantado só poderán empregar a segunda oportunidade para recuperar o estudo de casos e o portafolios. 

Adianto de oportunidade e estudantado con matricula parcial:

Dado que a práctica clínica é unha actividade presencial, non recuperable, non é posible establecer unha avaliación diferente para estes casos.


O profesorado da materia valorarán a necesidade de realizar unha proba obxectiva e de caracter voluntario para aqueles/as estudantes con calificación superior a 9 e que desexen acadar a Matrícula de Honra.

Na realización dos traballos o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluido aquel obtido a través de Internet, sen indicación expresa da sua procedencia e, se é o caso, o permiso do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na actividade.
 


Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes