Guía DocenteCurso
Escola Universitaria de Enfermaría (C)
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enfermaría
 Asignaturas
  Enfermaría Clínica I
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A34 A35 A36 A37 A38 A39 B24 B16 B13 B12 B11 B9 B8 B7 B5 B3 B2 C1 C4 C10 C12 Realizarase unha proba escrita na data oficial do exame da materia. Constará de preguntas curtas, relacionadas con contidos teóricos, lecturas, estudio de casos e traballos tutelados. 40
Traballos tutelados A34 A35 A36 A37 A38 A39 B1 B2 B3 B4 B5 B8 B11 B12 B19 C1 C3 C6 C7 C8 C10 C11 A realización dos traballos tutelados é de carácter grupal. A avaliación dos traballos inclúe o desenvolvemento do traballo cooperativo e a valoración de competencias específicas e transversais. Farase tendo en conta, fundamentalmente, o razoamento diagnóstico e terapéutico: selección de datos recollidos na valoración, identificación de problemas (DdE e CP) e prioridades, selección de obxectivos e intervencións de enfermería (NIC). 10
Estudo de casos A34 A35 A36 A37 A38 A39 B24 B19 B16 B15 B13 B12 B11 B9 B8 B7 B6 B5 B4 B3 B2 B1 C1 C3 C4 C6 C7 C10 C11 C12 Desenvolverase de xeito individual e en grupo de traballo. As/os estudantes resolveran situacións de saúde descritas nos casos clínicos. Valorarase a capacidade para relacionar o coñecemento xeral con problemas concretos, a capacidade de análise, a comprensión da situación e a idoneidade das solucións formuladas, a asistencia e participación activa na aula a través dos grupos de traballo e na que se avaliará a adquisición de competencias específicas e transversais. O desenvolvemento da metodoloxía inclúe probas escritas presenciais de resolución de casos clínicos.
A nota final da metodoloxía será a suma das cualificacións das probas e do desenvolvemento da/o estudante na actividade grupal.


45
Lecturas A34 A35 A36 A37 A38 A39 B1 B3 B4 B6 B11 B16 B24 C4 C6 C7 C10 C11 Lecturas de documentos relacionados coa temática da materia, con actividades específicamente diseñadas para el análisis de los mismos. 5
 
Observacións avaliación

A aplicación das porcentaxes
na avaliación final para a superación da materia quedará suxeita ás seguintes
condicións: obter unha cualificación mínima de 4,5 na proba mixta e nos traballos
tutelados e estudo de casos unha cualificación mínima de 5.

2ª oportunidade: Os
criterios de avaliación da segunda oportunidade (xullo) serán os mesmos que os
da primeira oportunidade (xaneiro). Os estudantes con metodoloxías non
superadas a proba mixta e estudo de casos realizaranse coincidindo coa
data oficial do exame da materia da segunda oportunidade; o traballo tutelado,
deberá desenvolverse de xeito individual e a data de entrega establecerase no período de avaliación da 2ª oportunidade. 

Adianto de oportunidade: Proba
mixta 100% (inclúe preguntas relativas o desenvolvemento dos contidos,
traballos tutelados e resolución de estudo de casos) 

Estudantes con matrícula parcial: As metodoloxías e porcentaxes serán as
mesmas. Na metodoloxía de estudo de casos, os estudantes deberán realizar a
entrega da resolución dos casos propostos e realizar as probas escritas
presenciais durante o curso. O traballo tutelado realizarase de xeito individual
ou grupal, segundo acordo co/a estudante.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes