Guía DocenteCurso
Escola Universitaria de Enfermaría (C)
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enfermaría
 Asignaturas
  Enfermaría Clínica I
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A34 A35 A36 A37 A38 A39 B2 B3 B5 B7 B8 B9 B11 B12 B13 B16 B24 C1 C4 C10 C12 Realizarase unha proba escrita na data oficial do exame da materia. Constará de preguntas curtas, relacionadas con contidos teóricos, lecturas, estudio de casos e traballos tutelados. 50
Traballos tutelados A34 A35 A36 A37 A38 A39 B1 B2 B3 B4 B5 B8 B11 B12 B19 C1 C3 C6 C7 C8 C10 C11 A realización dos traballos tutelados é de carácter grupal. A avaliación inclúe o desenvolvemento do traballo cooperativo e a valoración de competencias específicas e transversais. Farase tendo en conta, fundamentalmente, o razoamento diagnóstico e terapéutico: selección de datos recollidos na valoración, identificación de problemas (DdE e CP) e prioridades, selección de obxectivos e intervencións de enfermería (NIC). 10
Estudo de casos A34 A35 A36 A37 A38 A39 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B11 B12 B13 B15 B16 B19 B24 C1 C3 C4 C6 C7 C10 C11 C12 Desenvolverase de xeito individual e en grupo de traballo. As e os estudantes resolverán situacións de saúde descritas nos casos clínicos.
No desenvolvemento desta metodoloxía avaliarase a adquisición de competencias específicas e transversais. Na valoración inclúese a capacidade para relacionar o coñecemento xeral con problemas concretos, a capacidade de análise, a comprensión da situación e a idoneidade das solucións formuladas, a asistencia e participación activa na aula e nos grupos de traballo. No desenvolvemento da metodoloxía inclúense probas escritas presenciais de resolución de casos clínicos.
A nota final da metodoloxía será a suma das cualificacións das probas e do desenvolvemento da e do estudante na actividade individual e de grupo.



35
Lecturas A34 A35 A36 A37 A38 A39 B1 B3 B4 B6 B11 B16 B24 C4 C6 C7 C10 C11 Lecturas de documentos relacionados coa temática da materia, con actividades específicamente diseñadas para el análisis de los mismos. 5
 
Observacións avaliación

A aplicación das porcentaxes na avaliación final
quedará suxeita a que todas as metodoloxías que computen na avaliación sexan
superadas pola/o estudante. Na presentación da materia, a
docente informará de forma pormenorizada de como se aplicarán os criterios de avaliación. 

2ª oportunidade: Os criterios de avaliación da segunda
oportunidade (xullo) serán os mesmos que os da primeira oportunidade (xaneiro).
A proba mixta e de estudo de casos realizaranse coincidindo coa data oficial do
exame da materia da 2ª oportunidade. O traballo tutelado, deberá desenvolverse
de xeito individual e a data de entrega establecerase no período de
avaliación da 2ª oportunidade. 

Adianto de oportunidade: Proba mixta 100% (inclúe
preguntas relativas o desenvolvemento dos contidos, traballos tutelados e
resolución de estudo de casos) 

Estudantes con matrícula parcial: As metodoloxías e
porcentaxes serán as mesmas. Na metodoloxía de estudo de casos, os estudantes
deberán realizar a entrega da resolución dos casos propostos e realizar as
probas escritas presenciais durante o curso. O traballo tutelado realizarase de
xeito individual ou grupal, segundo acordo co/a estudante.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes