Guía DocenteCurso
Escola Universitaria de Enfermaría (C)
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enfermaría
 Asignaturas
  Enfermaría Clínica II
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A34 A35 A36 A37 A38 A39 B1 B2 B3 B4 B5 B8 B11 B12 B19 C1 C3 C6 C7 C8 C10 C11 A realización dos traballos tutelados é de carácter grupal. A avaliación inclúe o desenvolvemento do traballo cooperativo no grupo coa valoración de competencias específicas e transversais. Farase tendo en conta, fundamentalmente, o razoamento diagnóstico e terapéutico: selección de datos recollidos na valoración, identificación de problemas (DdE e CP) e prioridades, selección de resultados (NOC) e intervencións de enfermería (NIC). 20
Proba mixta A34 A35 A36 A37 A38 A39 A60 B2 B3 B5 B7 B8 B9 B11 B12 B13 B16 B24 C1 C4 C10 C12 Realizarase unha proba escrita coincidindo coa data oficial do exame da materia. As probas constarán de preguntas curtas e/ou tipo test, relacionadas con contidos teóricos, lecturas, estudio de casos e traballos tutelados. 50
Estudo de casos A34 A35 A36 A37 A38 A39 A60 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B11 B12 B13 B15 B16 B19 B24 C1 C3 C4 C6 C7 C10 C11 C12 Desenvolverase de xeito individual e en grupo de traballo. As e os estudantes resolverán situacións de saúde descritas nos casos clínicos.
No desenvolvemento desta metodoloxía avaliarase a adquisición de competencias específicas e transversais. Na valoración inclúese a capacidade para relacionar o coñecemento xeral con problemas concretos, a capacidade de análise, a comprensión da situación e a idoneidade das solucións formuladas, a asistencia e participación activa na aula e nos grupos de traballo. No desenvolvemento da metodoloxía inclúense probas escritas presenciais de resolución de casos clínicos.
A nota final da metodoloxía será a suma das cualificacións das probas e do desenvolvemento da e do estudante na actividade individual e de grupo.


30
 
Observacións avaliación

A aplicación das
porcentaxes na avaliación final quedará suxeita a que todas as metodoloxías que
computen na avaliación sexan superadas. A asistencia a clase será considerada
un valor positivo na avaliación sempre que supere o 85% do total de horas presenciais.
Na presentación da materia informarase en detalle dos criterios de avaliación.  

2ª oportunidade: os criterios de avaliación da 2ª oportunidade (xullo)
serán os mesmos que os da primeira oportunidade (maio/xuño). A proba mixta e de
estudo de casos realizarase coincidindo coa data oficial do exame da materia da
2ª oportunidade. O traballo tutelado deberá realizarse de forma individual e a
data de entrega establecerase no período de avaliación da 2ª
oportunidade. 

Adianto de oportunidade: Proba mixta 100%. Inclúe preguntas relativas o
desenvolvemento dos contidos, traballos tutelados e resolución de estudo de
casos. 

Estudantes con matrícula parcial: As metodoloxías e porcentaxes serán as
mesmas. Na metodoloxía de estudo de casos, os estudantes deberán realizar a
entrega da resolución dos casos propostos e as probas escritas presenciais
durante o curso. O traballo tutelado desenvolverase de xeito individual ou
grupal, segundo o acordo co/a estudante.

A realización
fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada,
implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se
cometa: a/o estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na
convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se
produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a
modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose preciso.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes