Guía DocenteCurso
Escola Universitaria de Enfermaría (C)
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enfermaría
 Asignaturas
  Enfermaría Clínica II
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A34 A35 A36 A37 A38 A39 B1 B2 B3 B4 B5 B8 B11 B12 B19 C1 C3 C6 C7 C8 C10 C11 A realización dos traballos tutelados é de carácter grupal. A avaliación dos traballos inclúe o desenvolvemento do traballo cooperativo e a valoración de competencias específicas e transversais. Farase tendo en conta, fundamentalmente, o razoamento diagnóstico e terapéutico: selección de datos recollidos na valoración, identificación de problemas (DdE e CP) e prioridades, selección de resultados (NOC) e intervencións de enfermería (NIC). 20
Proba mixta A34 A35 A36 A37 A38 A39 A60 B2 B3 B5 B7 B8 B9 B11 B12 B13 B16 B24 C1 C4 C10 C12 Realizarase unha proba escrita coincidindo coa data oficial do exame da materia. As probas constarán de preguntas curtas e/ou tipo test, relacionadas con contidos teóricos, lecturas, estudio de casos e traballos tutelados Puntuará sobre un mínimo de 0 e un máximo de 10. 50
Estudo de casos A34 A35 A36 A37 A38 A39 A60 B24 B19 B16 B15 B13 B12 B11 B9 B8 B7 B6 B5 B4 B3 B2 B1 C1 C3 C4 C6 C7 C10 C11 C12 Desenvolverase de xeito individual e en grupo de traballo. As/os estudantes resolveran situacións de saúde descritas nos casos clínicos. Valorarase a capacidade para relacionar o coñecemento xeral con problemas concretos, a capacidade de análise, a comprensión da situación e a idoneidade das solucións formuladas, a asistencia e participación activa na aula a través dos grupos de traballo e na que se avaliará a adquisición de competencias específicas e transversais. O desenvolvemento da metodoloxía inclúe probas escritas presenciais de resolución de casos clínicos.
A nota final da metodoloxía será a suma das cualificacións das probas e do desenvolvemento da/o estudante na actividade grupal.
30
 
Observacións avaliación

A aplicación das porcentaxes na avaliación final para a superación da
materia quedará suxeita ás seguintes condicións: obter unha cualificación
mínima de 4,5 na proba mixta e nos traballos tutelados e estudo de casos unha
cualificación mínima de 5.

2ª oportunidade: Os criterios de avaliación da segunda oportunidade
(xullo) serán os mesmos que os da primeira oportunidade (maio/xuño). Os
estudantes con metodoloxías non superadas de proba mixta e estudo de casos,
realizaranse coincidindo coa data oficial do exame da materia da segunda
oportunidade; o traballo tutelado, deberá desenvolverse de xeito individual e a
data de entrega establecerase no período de avaliación da 2ª
oportunidade. 

Adianto de oportunidade: Proba mixta 100%. Inclúe preguntas relativas o
desenvolvemento dos contidos, traballos tutelados e resolución de estudo de
casos. 

Estudantes con matrícula parcial: As metodoloxías e porcentaxes serán as
mesmas. Na metodoloxía de estudo de casos, os estudantes deberán realizar a
entrega da resolución dos casos propostos e realizar as probas escritas
presenciais durante o curso. O traballo tutelado realizarase de xeito individual
ou grupal, segundo acordo co/a estudante.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes