Teaching GuideTerm
University College of Nursing (C)
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enfermaría
 Subjects
  Foundations of Nursing
   Methodologies
Methodologies Description
Introductory activities Actividade para a presentación da materia, horarios e coñecer intereses e/ou motivacións que posúe o alumnado para o estudo da Enfermaría
Guest lecture / keynote speech Actividade na que a profesora expoñe de xeito oral e con medios audiovisuais contidos teóricos do programa e a orientación bibliográfica dos mesmos
Case study Actividade na que o estudantado, ante un caso concreto, debe ser capaz de valorar as necesidades básicas, analizar os datos, identificar problemas de saúde da persoa, familia e comunidade e planificar os coidados e aplicar coidados para resolvelos ou, se isto non é posible, proporcionar unha morte digna
Mixed objective/subjective test Proba escrita con pregunta curta, tipo test e casos.
Field trip Actividades desenvolvidas nun contexto externo ao contorno académico universitario (monumentos, museo, ruas, etc.) relacionadas co ámbito de estudo da materia. Estas actividades céntranse no desenvolvemento de capacidades relacionadas coa observación directa e sistemática, a recollida de información e posterior presentación na aula
Collaborative learning Conxunto de procedementos de ensino-aprendizaxe guiados de forma presencial e/ou apoiados con tecnoloxías da información e as comunicacións, que se basean na organización da clase en pequenos grupos nos que o alumnado traballa conxuntamente na resolución de tarefas asignadas polo profesorado para optimizar a súa propia aprendizaxe e a dos outros membros do grupo.
Supervised projects Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente ao aprendizaxe do “cómo facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe.
Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor.
Workbook Lectura de libros e artigos de revistas cientificas para profundizar nos contidos do programa.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes