Guía DocenteCurso
Escola Universitaria de Turismo
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Diplomado en Turismo
 Competencias do título


Tipo A Código Competencias do título Específicas
  A1 Comprender os principios do turismo: a súa dimensión espacial, social, cultural, política, laboral e económica.
  A2 Utilizar e analizar as tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) nos distintos ámbitos do sector turístico.
  A3 Traballar en inglés como lingua estranxeira.
  A4 Ter unha marcada orientación de servizo ao cliente.
  A5 Manexar técnicas de comunicación.
  A6 Detectar necesidades de planificación técnica de infraestruturas e instalacións turísticas.
  A7 Analizar os impactos xerados polo turismo.
  A8 Avaliar os potenciais turísticos e a análise prospectiva da súa explotación.
  A9 Definir obxectivos, estratexias e políticas comerciais.
  A10 Recoñecer os principais axentes turísticos.
  A11 Analizar, sintetizar e resumir criticamente a información económico-patrimonial das organizacións turísticas.
  A12 Dirixir e xestionar (management) os distintos tipos de entidades turísticas.
  A13 Coñecer os procedementos operativos das empresas de intermediación.
  A14 Coñecer o procedemento operativo do ámbito de restauración.
  A15 Coñecer o procedemento operativo do ámbito de aloxamento.
  A16 Comprender o marco legal que regula as actividades turísticas.
  A17 Comunicarse de forma oral e escrita nunha segunda lingua estranxeira.
  A18 Comprender o carácter dinámico e evolutivo do turismo e da nova sociedade de lecer.
  A19 Comprender un plan público e as oportunidades que se derivan para o sector privado.
  A20 Planificar e xestionar os recursos humanos das organizacións turísticas.
  A21 Comprender o funcionamento dos destinos, estruturas turísticas e os seus sectores empresariais no ámbito mundial.
  A22 Coñecer as principais estruturas político-administrativas turísticas.
  A23 Identificar e xestionar espazos e destinos turísticos.
  A24 Analizar a dimensión económica do turismo.
  A25 Coñecer os obxectivos, a estratexia e os instrumentos públicos da planificación.
  A26 Xestionar os recursos financieiros.
  A27 Coñecer as principais iniciativas de posta en valor do patrimonio cultural.
  A28 Xestionar o territorio turístico de acordo cos principios de sostenibilidade.
  A29 Comprender as características da xestión do patrimonio cultural.
Tipo B Código Competencias do título Básicas / Xerais
  B1 Aprender a aprender.
  B2 Resolver problemas de forma efectiva.
  B3 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo.
  B4 Traballar de forma autónoma con iniciativa.
  B5 Traballar de forma colaborativa.
  B6 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional.
  B7 Comunicarse de maneira efectiva nun entorno de traballo.
Tipo C Código Competencias do título Transversais / Nucleares
  C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
  C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
  C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
  C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
  C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
  C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
  C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
  C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes