Guía DocenteCurso
Escola Universitaria de Turismo
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Turismo
 Asignaturas
  Introdución ao Dereito
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Proba de resposta breve Consistirá na resolución de cuestionarios que incidirán nos conceptos básicos da materia. Neste sentido se presentarán diversos enunciados en forma de pregunta e os alumnos deberán respostar cunha frase específica ou un concepto xurídico determinado.
Sesión maxistral Consistirá na exposición por parte do profesor dos aspectos fundamentais dos temas que conforman o programa da asignatura.
Estudo de casos Trátase de que os alumnos apliquen os coñecementos teóricos mediante o estudio e resolución de casos que xa foron resoltos polos Tribunais ou que ben son susceptibles de plantearse na práctica xurídica.
Análise de fontes documentais Consistirá no manexo de textos legais, xurisprudencias e doutrinais para a súa comprensión a fin de que os alumnos poidan desenvolver esta competencia no seu futuro profesional.
Proba obxectiva Os alumnos deberán examinarse dos contidos que conforman a materia do curso. Con independencia da modalidade de exame que se poña en práctica o alumno deberá respostar ás preguntas teóricas e prácticas que se lle formulen.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes