Guía DocenteCurso
Escola Universitaria de Turismo
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Turismo
 Asignaturas
  Introdución ao Turismo
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Portafolios do alumno A1 A2 A3 A4 A5 A7 A14 A27 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C3 C4 C6 C7 C8 É unha carpeta ou arquivador ordenado por seccións, debidamente identificadas ou etiquetadas, que contén os rexistros ou materiais produto das actividades de aprendizaxe realizadas polo alumno nun período de tempo, cos comentarios e cualificacións asignadas polo profesor, o que lle permite visualizar o progreso do alumno. O portafolios ou carpeta inclúe todo o que fai o alumno, como: apuntes ou notas de clases, traballos de investigación, guías de traballo e o seu desenvolvemento, comentarios de notas, resumes, probas escritas, autoavaliacións, tarefas desenvolvidas, comentarios de progreso do alumno realizado polo profesor, etc.
Valorarase especialmente a creatividade, á pertinencia aos contidos da materia e a aportación propia do alumno.
Cada curso a profesora indicará que parte do temario haberá que desenvolver específicamente.
25
Presentación oral A5 A8 A23 A27 B1 B2 B3 B4 B6 C1 C4 C6 C8 Intervención inherente aos procesos de ensino-aprendizaxe baseada na exposición verbal a través da que o alumnado e profesorado interactúan dun modo ordenado, propoñendo cuestións, facendo aclaracións e expoñendo temas, traballos, conceptos, feitos ou principios de forma dinámica.
Cada alumno fará unha presentación oral sobre un artigo de investigación ou un caso proposto pola profesora na que se valorará a calidade na exposición e a vinculacion coa materia.
25
Proba mixta A1 A2 A3 A4 A5 A7 A27 B1 B2 B4 C1 C4 C6 C8 Proba que integra proba de ensaio e preguntas obxectivas.
En canto a proba de ensaio, recolle a análise dun texto relacionado co traballado durante a materia . En canto ás preguntas obxectivas, pode combinar preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación
50
 
Observacións avaliación

Segundo a participación do alumnado na materia contémplanse dúas opcións:

OPCIÓN A (Para o alumnado que asiste e participa nas actividades de clase >85%)
A avaliación será a proposta no apartado anterior:
- Presentación oral (25%)
- Proba mixta (50%)
- Portafolios do alumno (25%)
Para poder facer o cómputo final, o resultado de todas as probas ou traballos debe superar o 50% do total. Se unha das partes está suspensa, a materia tamén o estará ate que sexa subsanada nas probas de Xullo.
OPCIÓN B (Para o alumnado que non asiste e participa nas actividades de clase < 85%)

- Presentación de dúas fichas de lectura sobre dous artigos de investigación propostos pola profesora. Ambos traballos deberán estar aprobados aínda que non computan na nota final.
- Proba escrita (100%)

A proba mixta consistirá nunha parte de preguntas de discriminación e un comentario de texto- O comentario é unha parte da metodoloxía empregada para impartir a materia e será traballado nas titorías, seguindo as pautas entregadas pola profesora.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes