Guía DocenteCurso
Escola Universitaria de Turismo
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Turismo
 Asignaturas
  Economía da Empresa
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Traballos tutelados A partir dos temas abordados nas sesións maxistrais propoñerase a realización dun traballo en grupo que consistirá na creación dunha empresa turística.
O traballo desenvolverase polo alumnado, atendendo ás indicacións que se proporcionen a través da atención personalizada do profesor aos diferentes grupos.
Para a realización destes traballos tomaranse como referencia os materiais básicos e complementarios da materia.


Sesión maxistral Explicaranse os contidos que conforman o marco teórico da materia mediante a exposición oral, guiada co uso de presentacións, medios audiovisuais e cuestións dirixidas ao alumnado coa finalidade de favorecer a súa aprendizaxe.
Presentación oral Consistirá na exposición oral do traballo tutelado realizado ao longo do curso.
Mediante o apoio de medios audiovisuais o alumno deberá presentar a empresa turística que creou ao resto dos asistentes.
O traballo será exposto nas datas establecidas.
Estudo de casos As actividades de estudo de casos tratarán sobre situacións reais centradas no ámbito turístico. Deste xeito, o alumno aplicará os coñecementos adquiridos durante as sesións maxistrais mediante a participación activa e alcanzará un maior coñecemento da realidade. Para valorar a asistencia ás clases, as devanditas actividades poden ser realizadas en calquera día, hora e non necesitan de aviso previo ao alumnado.
Proba obxectiva Realización dun exame final a través dunha proba escrita que versará sobre aspectos teóricos, prácticos ou teórico-prácticos correspondentes aos temas desenvolvidos na aula.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes