Guía DocenteCurso
Escola Universitaria de Turismo
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Turismo
 Asignaturas
  Economía da Empresa
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A2 A5 A6 A10 A11 A12 A13 A26 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C3 C5 C6 C7 C8 Valorarase a orixinalidade, o rigor metodolóxico, a profundidade do contido e a utilización de fontes documentais axeitadas.
20
Estudo de casos A2 A5 A6 A10 A11 A12 A13 A26 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C4 En relación co estudo de casos valorarase:
A comprensión da situación presentada considerando a diversidade e complexidade dos factores que inciden no ámbito turístico.
A profundidade da análise atendendo ao marco teórico traballado na materia.
A capacidade de síntese e de adecuación das propostas de acción como resposta á situación presentada.
20
Proba obxectiva A2 A5 A6 A10 A11 A12 A13 A26 B1 B2 B3 B4 C1 C6 Para aprobar a materia é imprescindible que o alumno alcance o 50% do exame final. 50
Presentación oral A2 A5 A6 A10 A11 A12 A13 A26 B1 B2 B4 C1 C3 Valorarase a claridade das opinións expostas en relación ás lecturas, a resolución de casos e a exposición dos traballos tutelados realizados ao longo do curso. 10
 
Observacións avaliación

O alumnado elixirá ao principio do cuatrimestre se queren avaliación continua ou non continua. No caso de que o alumno elixa a avaliación non continua a proba obxectiva será o exame final. Neste sentido, a nota final calcularase da forma seguinte:

-O sistema de avaliación continua realizarase segundo o establecido no apartado anterior, é dicir, a través do Estudo de casos (20%), Traballos tutelados (20%), Presentación oral (10%) e Proba obxectiva (50%). Para que o resto de cualificacións poidan sumarse á cualificación obtida no exame, é imprescindible que o alumno alcance o 50% da cualificación do exame final.

-Avaliación non continua: exame final (100%), contidos do traballo tutelado (0%) e exposición oral do traballo tutelado (0%), estudos de caso (0%). O exame final ten que ter unha nota igual ou superior a 5 puntos. Os alumnos con avaliación non continua non se poderán presentar á proba ou probas obxectivas da avaliación continua.

-Na convocatoria de Xullo realizarase a proba obxectiva e, se se supera o 50% nesta proba escrita, sumaráselle a cualificación obtida nos traballos tutelados, presentación oral e estudo de casos obtidos durante o curso.



O alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, solicitada oficialmente á EUT-CENP poderá facer o exame final (100%) e para aprobar, terán que ter unha nota igual ou superior a 5 puntos. Ese alumnado terá a convocatoria de xullo como segunda oportunidade (100%). Igualmente, para aprobar, terán que ter unha nota igual ou superior a 5 puntos.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes