Guía DocenteCurso
Escola Universitaria de Turismo
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Turismo
 Asignaturas
  Intermediación turística e transporte I
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A13 A22 A24 A32 A33 A34 B1 B3 B4 B6 B7 C1 C3 C6 Realización dun ou varios traballos tutelados relacionados cos bloques de contidos da materia. Valorarase: O axuste da presentación ás instrucións; A calidade formal da presentación; A calidade e creatividade dos contidos da presentación; A amplitude e pertinencia das fontes de información utilizadas máis aló das indicadas. Non entregar un traballo supón que este puntúe como cero “0” no cálculo da nota media de tódolos traballos tutelados e ademais supón a perda da porcentaxe correspondente na nota final. 50
Proba mixta A5 A12 A22 A24 B3 B4 C1 Realización dunha proba mixta que recolla os contidos teóricos e prácticos dos diversos bloques temáticos da materia. 50
 
Observacións avaliación

OPCIÓN A

Alumnado con dedicación completa:
asistencia/participación nas actividades de clase igual ou superior ó 80%:

Os criterios de avaliación son os mesmos para cada
unha das oportunidades de avaliación. 

A nota final da asignatura calcularase da forma
seguinte:


  • a) Traballos tutelados e presentación oral daqueles indicados polo
    profesor (50%).

  • b) Examen escrito (tipo proba mixta) sobre os contidos de la materia
    (50%).

Para superar a materia é necesario obter unha
puntuación do 50% do peso de cada unha das partes obxecto de avaliación.

Na convocatoria adiantada, e sólo neste caso,
realizarase unha proba mixta encamiñada a evaluar tódalas competencias e
contidos propios da materia.

Os criterios de puntuación dos traballos tutelados,
presentación oral e proba mixta daranse a coñecer no momento da realización dos
mesmos e subministraranse xunto cos enunciados destes.

A entrega dos traballos tutelados realizase
exclusivamente a través da plataforma Moodle, cumplindo coa data límite de
entrega que para cada traballo fixe o profesor. Os traballos entregados fora de
prazo ou entregados mediante outra vía serán calificados como “non presentados”.
Non entregar un traballo ou non acudir á presentación oral do mesmo supón que
éste puntúe como cero “0” no cálculo da nota media de tódolos traballos
tutelados e supón por oturo lado a perda da procentaxe correspondente da nota
final.

Se a calificación final do alumno en primeira
oportunidade para esta materia é inferior a 5 puntos ( sobre un máximo de 10
puntos), éste terá que acudir á segunda oportunidade e realizar novamente a
proba mixta (non se conservan as calificacións obtidas na proba mixta dunha
oportunidade para outra) e ademáis terá que realizar novamente tódolos
traballos tutelados calificados como suspensos ou non presentados (consérvanse
as calificacións dos traballos aprobados dunha oportunidade para outra). Para
superar a materia en segunda oportunidade, ó igual que en primeira
oportunidade, é necesario obter una puntuación do 50% do peso de cada una das
partes obxecto de avaluación (traballos tutelados e proba mixta).

 

Dado que a materia sigue criterios de avaliación
continua, a asistencia a clase é obrigatoria. Todo alumno que supere un 20% de
faltas de asistencia a clase non xustificadas perderá o dereito a presentarse ó
examen de avaliación final, e terá que presentarse ao mesmo na seguinte
oportunidade.

Os únicos utensilios cos que está permitido acceder ó
recinto da proba son os básicos para contestar ó exame: lápiz, bolígrafo ou
pluma, goma de borrar e calculadora non programable.

Está expresamente prohibido o acceso ó recinto do
examen con: a) teléfonos móbiles ou calquera outro tipo de dispositivo que
permita comunicación a distancia e/ou almacenamento de información; b) apuntes,
anotacións, libros ou material similar que no fose expresamente autorizado na
convocatoria do

examen o una páxina web (Moodle) da materia. A non observancia desta norma
supón que se considere como realizada a proba en fraude e iso con independencia
de que quen teña no recinto da proba tales dispositivos ou material sinalado os
empregase ou non no curso desta.

O alumno deberá acreditar a súa persoalidade de acordó
coa normativa vixente.

Segundo establecen as "Normas de avaliación,
revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado
universitario (aprobada o 19/12/2013 e modificada o 30/04/2014) no Art. 21.2:
Considerarase como “Non presentado” (NP) a aquel estudante que, estando matriculado
na materia, non concorra ás distintas actividades de avaliación que se
establecen para o curso académico. 

Así, será cualificado como “Non presentado” cando:

a) Non complete o proceso de avaliación continua, nas
condicións que figure na guía docentes, ou 

b) Non se presente á proba do período oficial de
avaliación. 

Ademais, para aprobar a materia,Intermediación I ou II
ou Comercialización, todos os alumnos deberán pasar un período de formación
práctica de dous meses nunha empresade intermediación. Estas prácticas poderán
desenrrolarse ao longo do segundo,terceiro ou carto curso de xeito indistinto.

OPCIÓN B

Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo
parcial e dispensa académica de exención de asistencia, segundo establece
"Norma que regula o réxime de dedicación ao estudo dos
estudantes de grao na UDC (Arts. 2.3; 3.b; e 4.5) (29 de maio de 2012).

Alumnado cunha asistencia/participación nas
actividades de clase inferior ao 80%:

Excepto para as datas aprobadas en Xunta da Escola no
que compete á proba obxectiva, para as restantes probas acordarase, ó inicio do
cuatrimestre, un calendario específico de datas compatibles coa súa dedicación,
motivo polo cal o mencionado alumnado deberá poñerse en contacto co profesor da
materia nos dez primeiros días do cuatrimestre no que se imparte a materia, coa
finalidade de fixar dito calendario. As probas tendrán o mesmo formato que para
os alumnos con dedicación a tempo completo

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes