Guía DocenteCurso
Escola Universitaria de Turismo
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Turismo
 Asignaturas
  Intermediación turística e transporte I
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A13 A22 A24 A32 A33 A34 B1 B3 B4 B6 B7 C1 C3 C6 Realización dun ou varios traballos tutelados relacionados cos bloques de contidos da materia. Valorarase: o axuste da presentación ás instrucións; a calidade formal da presentación; a calidade e creatividade dos contidos da presentación; a amplitude e pertinencia das fontes de información utilizadas máis aló das indicadas.

Presentación oral de traballos tutelados. Valorarase: o axuste da presentación ás instruccións, a calidade e creatividade dos contidos da presentación, a amplitude e pertinencia das fontes de información empregadas máis aló das indicadas e a calidade das respostas no turno de preguntas que seguirá á presentación.
35
Análise de fontes documentais A5 A6 A13 A24 A33 A34 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 Análise de fontes documentais (un ou varios estudios publicados en revistas científicas ou do sector turístico que serán facilitado ao longo do cuatrimestre). 15
Proba mixta A3 A5 A6 A7 A11 A12 A13 A14 A22 A24 B1 B3 B4 B6 B7 C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8 Realización dunha proba mixta que recolla os contidos teóricos e prácticos dos diversos bloques temáticos da materia. 50
 
Observacións avaliación

OPCIÓN A

Alumnado con dedicación completa:asistencia/participación nas actividades de clase igual ou superior ó 80%:

Os criterios de avaliación son os mesmos para cada unha das oportunidades de avaliación, incluindo a convocatoria adiantada.

A nota final da asignatura calcularase da forma seguinte:

PARTE PRÁCTICA (50%), composta de:

  • a) Traballos tutelados e presentación oral daqueles indicados polo profesor
  • b) Análise de fontes documentais

PRUEBA MIXTA (50%):

  • c) Examen escrito (tipo proba mixta) sobre os contidos de la materia 

Para superar a materia é necesario obter unha puntuación do 50% do peso de cada unha das partes obxecto de avaliación. Parte práctica (composta por traballos tutelados con presentación oral daqueles indicados polo profesor) e proba mixta (examen escrito) 

Os criterios de puntuación dos traballos tutelados,presentación oral e proba mixta daranse a coñecer no momento da realización dos mesmos e subministraranse xunto cos enunciados destes.

A entrega dos traballos tutelados realizarase exclusivamente a través da plataforma Moodle (salvo indicación ao contrario por parte do profesor) e cumplindo coa data límite de entrega establecida. Serán calificados como "non presentado" as análises de fontes documentais e de traballos tutelados entregados fora de prazo ou non entregados. O feito de non acudir a unha presentación oral implicará tamén a calificación de "non presentado" dese exercicio. A efectos de cálculo da calificación final da parte práctica correspondente á análise de fontes documentais e de  traballos tutelados, a non presentación dalgunha das tarefas penalizará coa resta na nota final da parte práctica do valor atribuido á mencionada tarefa calificada como non presentada.

Se a calificación final do alumno en primeira oportunidade para esta materia é inferior a 5 puntos ( sobre un máximo de 10 puntos), éste terá que acudir á segunda oportunidade e realizar novamente a proba mixta (non se conservan as calificacións obtidas na proba mixta dunha oportunidade para outra) e ademáis terá que realizar novamente tódolas análises de fontes documentais e de traballos tutelados calificados como suspensos ou non presentados (consérvanse as calificacións das tarefas aprobados dunha oportunidade para outra). Para superar a materia en segunda oportunidade, ó igual que en primeira oportunidade, é necesario obter una puntuación do 50% do peso de cada una daspartes obxecto de avaliación: parte práctica (composta por análise de fontes documentais e por traballos tutelados con presentación oral daqueles indicados polo profesor) e proba mixta (examen escrito) 

Dado que a materia sigue criterios de avaliación continua, a asistencia a clase é obrigatoria. Todo alumno que supere un 20% de faltas de asistencia a clase non xustificadas perderá o dereito a presentarse ó examen de avaliación final, e terá que presentarse ao mesmo na seguinte oportunidade.

Os únicos utensilios cos que está permitido acceder ó recinto da proba son os básicos para contestar ó exame: lápiz, bolígrafo ou pluma, goma de borrar e calculadora non programable.

Está expresamente prohibido o acceso ó recinto do examen con: a) teléfonos móbiles ou calquera outro tipo de dispositivo que permita comunicación a distancia e/ou almacenamento de información; b) apuntes, anotacións, libros ou material similar que no fose expresamente autorizado na convocatoria do examen o una páxina web (Moodle) da materia. A non observancia desta normasupón que se considere como realizada a proba en fraude e iso con independenciade que quen teña no recinto da proba tales dispositivos ou material sinalado os empregase ou non no curso desta.

O alumno deberá acreditar a súa persoalidade de acordó coa normativa vixente.

Segundo establecen as "Normas de avaliación,revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario (aprobada o 19/12/2013 e modificada o 30/04/2014) no Art. 21.2:Considerarase como “Non presentado” (NP) a aquel estudante que, estando matriculado na materia, non concorra ás distintas actividades de avaliación que se establecen para o curso académico.

Así, será cualificado como “Non presentado” cando:

a) Non complete o proceso de avaliación continua, nas condicións que figure na guía docentes, ou

b) Non se presente á proba do período oficial de avaliación.

Ademáis, para aprobar a materia,Intermediación I ou II ou Comercialización, todos os alumnos deberán pasar un período de formaciónpráctica de dous meses nunha empresade intermediación. Estas prácticas poderán desenrrolarse ao longo do segundo, terceiro ou cuarto curso de xeito indistinto.

OPCIÓN B

Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempoparcial e dispensa académica de exención de asistencia, segundo establecea "Norma que regula o réxime de dedicación ao estudo dosestudantes de grao na UDC (Arts. 2.3; 3.b; e 4.5) (29 de maio de 2012).

Alumnado cunha asistencia/participación nasactividades de clase inferior ao 80%:

Excepto para as datas aprobadas en Xunta da Escola no que compete á proba obxectiva, para as restantes probas acordarase, ó inicio do cuatrimestre, un calendario específico de datas compatibles coa súa dedicación,motivo polo cal o mencionado alumnado deberá poñerse en contacto co profesor da materia nos dez primeiros días do cuatrimestre no que se imparte a materia, coa finalidade de fixar dito calendario. As probas tendrán o mesmo formato que para os alumnos con dedicación a tempo completo

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes