Guía DocenteCurso
Escola Universitaria de Turismo
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Turismo
 Asignaturas
  Márketing Turístico
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Estudo de casos A5 A11 A24 A26 A33 A34 B1 B2 B3 B4 B6 B7 C1 C5 C8 Valorarase: 1) A comprensión e exposición da situación presentada considerando a diversidade e complexidade dos factores; 2) A profundidade de análise atendendo ao marco teórico traballado na materia; 3) A idoneidade das propostas de acción e intervención como resposta á situación presentada. 20
Presentación oral A5 A11 A24 A26 A33 A34 B1 B2 B3 C1 C2 C3 Valorarase a claridade das opinións expostas en relación ás lecturas, a resolución de casos e a exposición dos traballos tutelados realizados ao longo do curso. 10
Proba obxectiva A5 A11 A24 A26 A33 A34 B1 B2 B3 B4 C1 C2 C4 C8 Consistirá na realización dun exame final a través dunha proba escrita que versará sobre aspectos teóricos, prácticos ou teórico-prácticos correspondentes aos temas desenvolvidos ao longo do curso.
Para aprobar a materia é imprescindible que o alumno alcance o 50% do exame final.
50
Traballos tutelados A5 A11 A24 A26 A33 A34 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C2 C4 C5 C6 Realización por grupos dun plan de mercadotecnia que consistirán na aplicación práctica dos temas desenvolvidos durante o curso.
Valorarase a súa orixinalidade, solidez analítica e a utilización dos recursos desenvolvidos na materia.
20
 
Observacións avaliación

O sistema de avaliación realizarase segundo o establecido no apartado anterior, é dicir, a través do estudo de casos (20%), traballos tutelados (20%), presentación oral (10%) e proba obxectiva (50%). Para que o resto de cualificacións poidan sumarse á cualificación obtida no exame, é imprescindible que o alumno alcance o 50% da cualificación do exame final.

Na convocatoria de Xullo realizarase a proba obxectiva e, se se supera o 50% nesta proba escrita, sumaráselle a cualificación obtida nos traballos tutelados, presentación oral e estudo de casos obtidos durante o curso.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes