Guía DocenteCurso
Escola Universitaria de Turismo
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Turismo
 Asignaturas
  Intermediación Turística e Transporte II
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A22 A24 A32 A34 B1 B3 B4 B6 B7 C6 Realización dun ou varios traballos tutelados relacionados cos bloques de contidos da materia. 20
Presentación oral A13 A33 B4 C1 Presentación oral dos traballos tutelados. 10
Estudo de casos A3 A6 A11 A33 A34 A35 B1 B3 B5 B6 C6 Realización de unha ou varias discusións con estudos de caso ao longo do curso relacionadas cos bloques de contidos da materia. 20
Proba mixta A5 A12 A22 A24 B3 B4 C1 Realización dunha proba mixta que recolla os contidos teóricos e prácticos dos diversos bloques temáticos da materia. 50
 
Observacións avaliación

Os alumnos elixirán ao principio do cuatrimestre se queren avaliación
continua ou non continua. No caso de que o alumno elixa a avaliación
non continua a proba obxectiva será o exame final. Neste sentido, a nota
final calcularase da forma seguinte:

  • Avaliación continua:
    como aparece descrito no cadro superior: proba obxectiva (50%),
    contidos dos traballos tutelados (20%), estudos de caso (20%) e exposición oral dos traballos  tutelados (10%). A proba obxectiva ten que ter unha nota igual ou
    superior a 5 puntos para facer media co resto.
  • Avaliación non continua:
    exame final (100%), contidos do traballo tutelado (0%) e exposición oral
    do traballo tutelado (0%). O exame final ten que ter unha nota igual ou
    superior a 5 puntos. Os alumnos con avaliación non continua non se
    poderán presentar á proba ou probas obxectivas da avaliación continua.
Ademais, para aprobar a materia, Intermediación I ou II ou Comercialización, todos os alumnos deberán pasar un período de formación práctica de dous meses nunha empresa de intermediación. Estas prácticas poderán desenrrolarse ao longo do segundo, terceiro ou carto curso de xeito indistinto.



O alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, solicitada oficialmente á EUT-CENP poderá facer o exame final (100%) e para aprobar, terán que ter unha nota igual ou superior a 5 puntos. Ese alumnado terá a convocatoria de xullo como segunda oportunidade (100%). Igualmente, para aprobar, terán que ter unha nota igual ou superior a 5 puntos.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes