Guía DocenteCurso
Escola Universitaria de Turismo
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Turismo
 Asignaturas
  As TIC Aplicadas ao Turismo
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas a través de TIC A12 A13 A20 A24 A32 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 Valoración dun grupo de traballos curtos realizados no aula sobre o contido máis práctico da materia. 40
Proba obxectiva A12 A13 A20 A24 A32 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 A proba obxectiva consistirá no desenvolvemento de varias cuestións de carácter teórico que implicarán un tratamento global e integrado dos contidos abordados ao longo da materia. 30
Traballos tutelados A12 A13 A20 A24 A32 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 En relación cos traballos tutelados valorarase:
A profundidade e rigor do contido.
O tratamento orixinal e imaxinativo.
A utilización de ferramentas complementarias.
30
 
Observacións avaliación

Segundo a participación do alumnado na materia, a avaliación contempla dúas opcións:

  • Opción A. Para ou alumnado que asiste/participa nas actividades de clase:

    a) Traballos tutelados e prácticas.

    b) Un exame escrito sobre os contidos da materia dividido en dúas partes, unha teórica e outra práctica.

    Entenderase que o alumno opta por esta opción ao asistir ás tutorías ou ao entregar algunhas das prácticas ou traballos propostos na clase. A cualificación final da materia obterase da ponderación do exame práctico -prácticas a través de TIC- (40%), exame teórico -proba obxectiva- (30%) e dos traballos tutelados (30%). Aquelas partes que teñan unha cualificación inferior a 3,5 puntos deberán ser repetidas en xullo (2ª oportunidade) independentemente da media obtida. Así mesmo, o alumno quedará liberado na convocatoria de xullo (2ª oportunidade) das partes aprobadas na 1ª oportunidade.
  • Opción B. Para o alumnado que non asiste/participa nas actividades de clase:  un exame escrito sobre os contidos da materia (100%).
  • O alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia poderá tamén optar á opción A.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes