Guía DocenteCurso
Escola Universitaria de Turismo
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Turismo
 Asignaturas
  Xestión de Calidade
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A13 A33 A34 B4 B6 B7 C1 C2 C3 Terase en conta na súa valoración: a exposición, a capacidade de recompilación, a capacidade de síntese, a achega persoal, o rigor e a actualización das fontes utilizadas. Tratarase de fomentar o traballo en equipo, polo que o traballo de curso se realizará en grupos de non máis de cinco alumnos. O prazo e o modo de entrega serán de obrigado cumprimento. 20
Proba obxectiva A6 A18 A19 A27 A28 B1 B2 B3 A proba escrita de contido teórico-práctico consistirá na resolución de exercicios breves e/ou resposta a cuestións curtas e/ou de resposta múltiple e/ou preguntas de desenvolvemento. 80
 
Observacións avaliación

Segundo
a participación do alumnado na materia, a avaliación considera dúas opcións:



Opción A (Primeira Oportunidade 1ª Convocatoria).- Para o alumnado que asiste/participa nas actividades de
clase (para os alumnos que acrediten a súa asistencia a, polo menos, o 85% das
clases)



1) Traballos tutelados 20%.

2)
Proba obxectiva 80%.


A devandita proba obxectiva única, abranguerá toda a materia
e consistirá na resolución de exercicios breves, resposta a cuestións curtas
e/ou de resposta múltiple e/ou preguntas de desenvolvemento.



A planificación exposta nesta guía docente supón a aplicación
dun sistema de avaliación continua, polo que a cualificación final se obterá da
avaliación da proba obxectiva e dos traballos tutelados.



No conxunto das dúas partes (20% e 80%), o alumno deberá
obter unha puntuación mínima de 5 puntos.


Non obstante, non se considerará superada a materia, se nos
traballos tutelados non se obtén un mínimo de puntuación de 0,5 sobre 2 puntos
totais, e na proba obxectiva un mínimo de 3 puntos sobre 8 puntos totais.


Opción B (Primeira Oportunidade 1ª Convocatoria).- Para o alumnado que non asiste/participa nas actividades
de clase (para os alumnos que non acrediten a súa asistencia a, polo menos, o
85% das clases)



1) Proba obxectiva 100%


A devandita proba obxectiva única, abranguerá toda a materia
e consistirá na resolución de exercicios breves, resposta a cuestións curtas
e/ou de resposta múltiple e/ou preguntas de desenvolvemento.



Esta proba representará o 100% da nota final. O alumno deberá
obter unha puntuación mínima de 5 puntos.



Na segunda oportunidade da Primeira Convocatoria, e nas
oportunidades de ulteriores convocatorias, aplicarase o sistema de avaliación
por proba obxectiva única.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes