Guía DocenteCurso
Escola Universitaria de Turismo
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Turismo
 Asignaturas
  Interpretación do Patrimonio
   Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Comprender os principios do turismo: a súa dimensión espacial, social, cultural, política, laboral e económica.
A2 Analizar a dimensión económica do turismo.
A3 Comprender o carácter dinámico e evolutivo do turismo e da nova sociedade do lecer.
A4 Coñecer as principais estruturas político-administrativas turísticas.
A5 Converter un problema empírico nun obxecto de investigación e elaborar conclusións.
A6 Ter unha marcada orientación de servizo ao cliente.
A8 Avaliar os potenciais turísticos e a análise prospectivo da súa explotación.
A10 Xestionar os recursos financeiros.
A13 Manexar técnicas de comunicación.
A18 Identificar e xestionar espazos e destinos turísticos.
A19 Xestionar o territorio turístico de acordo cos principios de sustentabilidade.
A23 Analizar os impactos xerados polo turismo.
A24 Utilizar e analizar as tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) nos distintos ámbitos do sector turístico.
A26 Planificar e xestionar os recursos humanos das organizacións turísticas.
A27 Comprender o funcionamento dos destinos, estruturas turísticas e os seus sectores empresariais no ámbito mundial.
A28 Coñecer os obxectivos, a estratexia e os instrumentos públicos da planificación.
A29 Traballar en medios socioculturais diferentes.
A30 Coñecer as principais iniciativas de posta en valor do patrimonio cultural.
A31 Comprender as características da xestión do patrimonio cultural.
A32 Detectar necesidades de planificación técnica de infraestruturas e instalacións turísticas.
A33 Creatividade.
A34 Iniciativa e espírito emprendedor.
A35 Motivación por calidade.
B1 Capacidade de análise e síntese.
B2 Comunicación oral e escrita en lingua nativa.
B3 Resolución de problemas.
B4 Razoamento crítico.
B5 Compromiso ético.
B6 Aprendizaxe autónoma.
B7 Adaptación a novas situacións.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes