Guía DocenteCurso
Escola Universitaria de Turismo
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Turismo
 Asignaturas
  Creación e Xestión de Empresas Turísticas
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A10 A11 A13 A33 A34 B4 B6 B7 C1 C2 C3 Desenvolvemento dun traballo que se realizará ao longo de todo o cuadrimestre con exposición final. Terase en conta na súa valoración: a exposición, a capacidade de recompilación, a capacidade de síntese, a achega persoal, o rigor e a actualización das fontes utilizadas. Tratarase de fomentar o traballo en equipo, polo que o traballo de curso se realizará en grupos de non máis de cinco alumnos, a ser posible. O prazo e o modo de entrega serán de obrigado cumprimento. 40
Proba obxectiva A7 A12 A14 A28 A35 B1 B2 B3 A proba escrita de contido teórico-práctico consistirá na resolución de exercicios breves e/ou resposta a cuestións curtas e/ou de resposta múltiple e/ou preguntas de desenvolvemento. 60
 
Observacións avaliación

Segundo
a participación do alumnado na materia, a avaliación considera dúas opcións:



Opción A (Primeira Oportunidade 1ª Convocatoria).- Para o alumnado que asiste/participa nas actividades de
clase (para os alumnos que acrediten a súa asistencia a, polo menos, o 85% das
clases)



1) Traballos tutelados 40%

2)
Proba obxectiva 60%.


A devandita proba obxectiva única, abranguerá toda a materia
e consistirá na resolución de exercicios breves, resposta a cuestións curtas
e/ou de resposta múltiple e/ou preguntas de desenvolvemento.



A planificación exposta nesta guía docente supón a aplicación
dun sistema de avaliación continua, polo que a cualificación final se obterá da
avaliación da proba obxectiva e dos traballos tutelados.



No conxunto das dúas partes (40% e 60%), o alumno deberá
obter unha puntuación mínima de 5 puntos.



Non obstante, non se considerará superada a materia, se nos
traballos tutelados non se obtén un mínimo de puntuación de 1,5 sobre 4 puntos
totais, e na proba obxectiva un mínimo de 2,5 puntos sobre 6 puntos totais.



Opción B (Primeira Oportunidade 1ª Convocatoria).- Para o alumnado que non asiste/participa nas actividades
de clase (para os alumnos que non acrediten a súa asistencia a, polo menos, o
85% das clases)



1) Proba obxectiva 100%


A devandita proba obxectiva única, abranguerá toda a materia
e consistirá na resolución de exercicios breves, resposta a cuestións curtas
e/ou de resposta múltiple e/ou preguntas de desenvolvemento.



Esta proba representará o 100% da nota final. O alumno deberá
obter unha puntuación mínima de 5 puntos.


Na segunda oportunidade da Primeira Convocatoria, e nas
oportunidades de ulteriores convocatorias, aplicarase o sistema de avaliación
por proba obxectiva única.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes