Guía DocenteCurso
Escola Universitaria de Turismo
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Turismo
 Asignaturas
  Creación e Xestión de Empresas Turísticas
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A11 A13 B4 B6 B7 C1 C2 C3 Desenvolvemento dun traballo que se realizará ao longo de todo o cuadrimestre con exposición final. Terase en conta na súa valoración: a exposición, a capacidade de recompilación, a capacidade de síntese, a achega persoal, o rigor e a actualización das fontes utilizadas. Tratarase de fomentar o traballo en equipo, polo que o traballo de curso se realizará en grupos de non máis de cinco alumnos, a ser posible. O prazo e o modo de entrega serán de obrigado cumprimento. 40
Proba obxectiva A12 B1 B2 B3 A proba escrita de contido teórico-práctico consistirá na resolución de exercicios breves e/ou resposta a cuestións curtas e/ou de resposta múltiple e/ou preguntas de desenvolvemento. 60
 
Observacións avaliación

Segundo
a participación do alumnado na materia, a avaliación considera dúas opcións:



Opción A (Primeira Oportunidade 1ª Convocatoria).- Para o alumnado que asiste/participa nas actividades de
clase (alumnos que acrediten a súa asistencia a, polo menos, o 85% das
clases) e para os alumnos con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia (segundo a normativa aplicable)



1) Traballos tutelados 40%

2)
Proba obxectiva 60%.


A devandita proba obxectiva única, abranguerá toda a materia
e consistirá na resolución de exercicios breves, resposta a cuestións curtas
e/ou de resposta múltiple e/ou preguntas de desenvolvemento.



A planificación exposta nesta guía docente supón a aplicación
dun sistema de avaliación continua, polo que a cualificación final se obterá da
avaliación da proba obxectiva e dos traballos tutelados.



No conxunto das dúas partes (40% e 60%), o alumno deberá
obter unha puntuación mínima de 5 puntos.



Non obstante, non se considerará superada a materia, se nos
traballos tutelados non se obtén un mínimo de puntuación de 1,5 sobre 4 puntos
totais, e na proba obxectiva un mínimo de 2,5 puntos sobre 6 puntos totais.



Opción B (Primeira Oportunidade 1ª Convocatoria).- Para o alumnado que non asiste/participa nas actividades
de clase (alumnos que non acrediten a súa asistencia a, polo menos, o
85% das clases)



1) Proba obxectiva 100%


A devandita proba obxectiva única, abranguerá toda a materia
e consistirá na resolución de exercicios breves, resposta a cuestións curtas
e/ou de resposta múltiple e/ou preguntas de desenvolvemento.



Esta proba representará o 100% da nota final. O alumno deberá
obter unha puntuación mínima de 5 puntos.


Na segunda oportunidade da Primeira Convocatoria, e nas
oportunidades de ulteriores convocatorias, aplicarase o sistema de avaliación
por proba obxectiva única.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes