Guía DocenteCurso
Escola Universitaria de Turismo
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Turismo
 Asignaturas
  Segundo Idioma Moderno I: Alemán
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba oral A13 A16 B1 B3 B4 B6 B7 C2 C3 C4 C7 A proba oral consistirá nun exercicio oral público tipo prsentación e/o entrevista individual duns 10 minutos de duración. 10
Traballos tutelados A13 A16 A29 B1 B3 B4 B6 B7 C2 C3 C4 C6 C7 É necesario ter entregado un mínimo do 75% dos traballos tutelados para que a cualificación destes se teña en conta na nota final da materia.
Os traballos, unha vez feita a primeira corrección por parte do profesor, deberán ser corrixidos polos alumnos e deberanos de entregar novamente para que sexan tidos en conta na cualificación final da materia.
O final do curso o alumno deberá contar con un portfolio que será entregado seguindo as indicacións de forma e tempo estipuladas para a súa valoración na avaliación final, sempre que a nota da proba mixta final sexa igual ou superior ao 4.5.
15
Proba mixta A13 A16 A29 B1 B3 B4 B6 B7 C2 C3 C4 C7 As probas mixtas constarán de dúas partes:
a.- Exercicios de contido gramatical.
b.- Expresión escrita consistente nunha redacción.

Será necesario aprobar cada unha das dúas partes das que consta a devandita proba para superar a materia (exercicios de gramática e expresión escrita).
Para que se teñan en conta as notas obtidas no resto de traballos realizados ao longo do curso (incluído a proba mixta durante o curso) o alumno deberá de obter no exame final escrito unha nota igual ou superior ao 4.5.
75
 
Observacións avaliación
.- A participación, asistencia e aproveitamento das clases, así como a entrega das redaccións, a proba oral e o resto de probas que se realicen ao longo do curso serán tidas en conta na valoración final da materia sempre e cando se trate da Convocatoria Ordinaria (1ª Oportunidade) e o alumno obteña unha nota mínima de 4.5 no exame escrito final.

.- No resto de convocatorias a cualificación final da materia quedará supeditada ao exame escrito. Isto é aplicable a todolos alumnos.

.- No caso de alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, segundo establece a "norma que regula o réximen de dedicación ao estudo dos estudantes de grado na UDC  (Arts. 2.3; 3.b e 4.5)" a nota final da asignatura será aquela da proba mixta final. En caso de ser posible recomendase ao alumno facer a proba oral e mais os traballos tutelados para poder ser tidos en conta, neste caso a nota final será a suma porcentual da proba mixta, a proba oral e os traballos tutelados. De calquera modo os traballos terán que ser entregados en la fecha que se establezca, para o que o alumnado terá que estar en contacto con outros compañeiros ou ben co profesor.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes