Guía DocenteCurso
Escola Universitaria de Turismo
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Turismo
 Asignaturas
  Segundo Idioma Moderno II: Alemán
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba oral A13 A16 B1 B3 B4 C2 C4 A proba oral consistirá nunha presentación pública individual ou en parellas, dun lugar de interese turístico. 10
Traballos tutelados A29 B1 B6 B7 C3 C6 É necesario ter entregado un mínimo do 75% dos traballos tutelados para que a cualificación destes se teña en conta na nota final da materia.
Os traballos, unha vez feita a primeira corrección por parte do profesor, deberán ser corrixidos polos alumnos e deberanos de entregar novamente para que sexan tidos en conta na cualificación final da materia.
O final do curso o alumno deberá contar con un portfolio que será entregado seguindo as indicacións de forma e tempo estipuladas para a súa valoración na avaliación final, sempre que a nota da proba mixta final sexa igual ou superior ao 4.5.
15
Proba mixta A16 B1 B3 B4 B6 C3 C2 As probas mixtas constarán de dúas partes:
a.- Exercicios de contido gramatical.
b.- Expresión escrita consistente nunha redacción.

Será necesario aprobar cada unha das dúas partes das que consta a devandita proba para superala (exercicios de gramática e expresión escrita).
Para que se teñan en conta as notas obtidas no resto de traballos realizados ao longo do curso (incluído a proba mixta durante o curso) o alumno deberá de obter no exame final escrito unha nota igual ou superior ao 4.5.
75
 
Observacións avaliación

.- A participación, asistencia e aproveitamento das clases, así como a entrega das redaccións, a proba oral e o resto de probas que se realicen ao longo do curso serán tidas en conta na valoración final da materia sempre e cando se trate da Convocatoria Ordinaria (1ª Oportunidade) e o alumno obteña unha nota mínima de 4.5 no exame escrito final.

.- No resto de convocatorias, a para todolos alumnos, a cualificación final da materia quedará supeditada ao exame.

.- No caso de alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, segundo establece a "norma que regula o réximen de dedicación ao estudo dos estudantes de grado na UDC  (Arts. 2.3; 3.b e 4.5)"
a nota final da asignatura será aquela da proba mixta final. En caso de
ser posible recomendase ao alumno facer a proba oral e mais os
traballos tutelados para poder ser tidos en conta, neste caso a nota
final será a suma porcentual da proba mixta, a proba oral e os traballos
tutelados. De calquera modo os traballos terán que ser entregados en la
fecha que se establezca, para o que o alumnado terá que estar en
contacto con outros compañeiros ou ben co profesor.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes