Guía DocenteCurso
Escola Universitaria de Turismo
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Turismo
 Asignaturas
  Segundo Idioma Moderno III: Alemán
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Proba oral Nos últimos días do curso terá lugar unha proba oral pública consistente en unha ruta ou presentación dun destino turístico.
Traballos tutelados O alumno deberá realizar exercicios de expresión escrita relacionados con cada un dos temas tratados na aula. O número das devanditas redaccións e a súa extensión serán fixados semanalmente polo profesor.
Sesión maxistral O profesor impartirá as clases maxistrais co fin de comunicar e transmitir aos alumnos os coñecementos básicos da lingua para que eles poidan aplicalos posteriormente no resto de actividades e probas que se desenvolvan ao longo do curso.
Obradoiro Cada un dos temas tratados nas clases maxistrais levará asignado unha serie de tarefas e exercicios destinados a consolidar e fixar os coñecementos explicados. As devanditas tarefas poderán ser ben orais ou escritas.
Proba mixta Ao final do curso realizarase 1 proba mixta final escrita que constarán de dúas partes diferenciadas:
a.- Exercicios de gramática.
b.- Expresión escrita + Comprensión lectora
Para superar as probas será necesario ter un mínimo dun 4 en cada unha desas dúas partes por separado (exercicios e expresión escrita+comprensión lectora).
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes