Guía DocenteCurso
Escola Universitaria de Turismo
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Turismo
 Asignaturas
  Segundo Idioma Moderno III: Alemán
   Recomendacións

Materias que se recomenda ter cursado previamente
Segundo Idioma Moderno I: Alemán/662G01047
Segundo Idioma Moderno II: Alemán/662G01048

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Recomendase ao alumno que planifique o seu traballo ao longo de todo o curso seguindo a materia de forma continuada e realizando as tarefas indicadas en tempo e forma correctas. O esforzo continuo permitiralle levar a materia de forma cómoda, consolidar os novos coñecementos apoiándose nos anteriores e asumir un ritmo de traballo axeitado seguindo as pautas e indicacións do profesor. O estudo individual da materia deberá ir ao mesmo tempo co temario e actividades que se desenvolvan na aula. No caso do idioma alemán, debido á complexidade que supón para alumnos hispanofalantes recoméndase especialmente que se leve unha asimilación e estudo dos conceptos adecuado para evitar as présas e falta de tempo a final de curso. O alumno deberá ser capaz de relacionar os diferentes conceptos que se verán ao longo do curso para poder desenvolver as súas capacidades lingüísticas e comunicativas coa maior eficiencia posible. En todo momento se poñerán a disposición do alumno consellos e pautas de estudo que lle axuden nesta tarefa. Así mesmo recordar a posibilidade de acudir a titorías personalizadas ao longo do curso para resolver problemas ou dúbidas individuais do alumno.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes