Tipo A
|
Código |
Competencias / Resultados do título - Específicas |
|
A1 |
Adquirir os coñecementos fundamentais sobre matemáticas, estatística, física, química e acústica como soporte para o desenvolvemento das habilidades e destrezas propias da titulación. |
|
A2 |
Adquirir os coñecementos fundamentais sobre os sistemas e aplicacións informáticas específicos e xerais utilizados no ámbito da edificación. |
|
A3 |
Coñecer os materiais, tecnoloxías, equipos, sistemas e procesos construtivos propios da edificación en xeral e en particular aqueles específicos de Galicia. |
|
A4 |
Coñecer as técnicas e procesos de restauración, rehabilitación, acondicionamento, patoloxía, mantemento e conservación dos edificios en xeral e en particular aqueles específicos do patrimonio cultural constituído pola arquitectura popular e histórica galega. |
|
A5 |
Coñecer a evolución histórica dos materiais, tecnoloxías, procedementos, métodos, sistemas e elementos construtivos. |
|
A6 |
Coñecer e aplicar os distintos sistemas de representación así como as técnicas e procedementos de expresión gráfica aplicados á edificación e ás construcións arquitectónicas. |
|
A7 |
Coñecer e aplicar as técnicas e equipos topográficos para a toma de datos, procesamento, representación, replanteo, levantamento gráfico e restitución. |
|
A8 |
Deseñar, calcular e executar estruturas de edificación. |
|
A9 |
Deseñar, calcular e executar instalacións de edificación. |
|
A10 |
Coñecer as técnicas de xestión económica e de xestión de empresas así como da xestión e optimización dos recursos humanos e materiais necesarios. |
|
A11 |
Coñecer e aplicar as técnicas e procedementos de planificación, programación e organización do proceso de construción da obra. |
|
A12 |
Coñecer as técnicas de xestión, aseguranza e control da calidade, así como as técnicas de xestión medioambiental e construción sustentable. |
|
A13 |
Realizar medicións, presupostos e avaliación de custos na edificación. |
|
A14 |
Adquirir os coñecementos necesarios sobre xestión urbanística e dereito aplicado á edificación. |
|
A15 |
Redactar proxectos técnicos no ámbito da edificación. |
|
A16 |
Coñecer e aplicar as técnicas de avaliación e prevención de riscos, deseño de estudos e planes, así como dos procesos de coordinación da seguridade e saúde laboral na edificación. |
|
A17 |
Dominar de forma oral e escrita un idioma estranxeiro no nivel técnico propio do ámbito da edificación. |
|
A18 |
Dirixir e xestionar o proceso de execución da obra. |
|
A19 |
Aplicar as técnicas, interpretar resultados e tomar decisións para o control da calidade da obra. |
|
A20 |
Aplicar as técnicas de xestión da calidade, xestión medioambiental e construción sustentable. |
|
A21 |
Aplicar as técnicas de control e xestión económica da edificación. |
|
A22 |
Administrar e xestionar a adquisición dos materiais, sistemas e recursos propios do proceso construtivo. |
|
A23 |
Implementar os planes de seguridade e o seu control en obra. |
|
A24 |
Planificar e xestionar a conservación, mantemento, explotación e uso do edificio así como a inspección técnica do mesmo. |
|
A25 |
Deseñar e redactar estudos e planes de evacuación e seguridade dos edificios. |
|
A26 |
Deseñar e redactar estudos de ciclo de vida útil, avaliación de eficiencia enerxética e sustentabilidade dos edificios. |
|
A27 |
Desenvolver auditorías de proxectos e de execución de obras. |
|
A28 |
Desenvolver auditorías de sistemas de calidade e medioambiente. |
|
A29 |
Elaborar estudos, certificados, ditames, documentos e informes técnicos. |
|
A30 |
Elaborar peritacións, tasacións, valoracións e estudos de viabilidade económica. |
|
A31 |
Redactar, analizar, controlar, xestionar e desenvolver proxectos técnicos. |
|
A32 |
Efectuar procesos de planificación, xestión e control urbanístico. |
|
A33 |
Analizar a viabilidade urbanística de solares e elaborar documentos relacionados co planeamento, xestión e control urbanístico. |
|
A34 |
Realizar asesoramentos inmobiliarios. |
|
A35 |
Deseñar sistemas de acondicionamento acústico e verificar e avaliar o comportamento acústico dos edificios. |
|
A36 |
A0.1 Aptitude para utilizar os coñecementos aplicados relacionados co cálculo numérico e infinitesimal, a álxebra lineal, a xeometría analítica e diferencial, e as técnicas e métodos probabilísticos e de análise estatística. |
|
A37 |
A0.2 Coñecemento aplicado dos principios de mecánica xeral, a estática de sistemas estruturais, a xeometría de masas, os principios e métodos de análises do comportamento elástico do sólido. |
|
A38 |
A0.3 Capacidade para aplicar os sistemas de representación espacial, o desenvolvemento do esbozo, a proporcionalidade, a linguaxe e as técnicas da representación gráfica dos elementos e procesos construtivos. |
|
A39 |
A0.4 Coñecemento das características químicas dos materiais empregados na construción, os seus procesos de elaboración, a metodoloxía dos ensaios de determinación das súas características, a súa orixe xeolóxica, do impacto ambiental, a reciclaxe e a xestión de residuos. |
|
A40 |
A0.5 Coñecemento dos fundamentos teóricos e principios básicos aplicados á edificación, da mecánica de fluídos, a hidráulica, a electricidade e o electromagnetismo, a calorimetría e higrotermia, e a acústica. |
|
A41 |
A0.6 Coñecemento adecuado do concepto de empresa, o seu marco institucional, modelos de organización, planificación, control e toma de decisións estratéxicas en ambientes de certeza, risco e incerteza; sistemas de produción, custos, planificación, fontes de financiamento e elaboración de plans financeiros e orzamentos. |
|
A42 |
A0.7 Capacidade para organizar pequenas empresas e de participar como membro de equipos multidisciplinares en grandes empresas. |
|
A43 |
A0.8 Coñecementos básicos do réxime xurídico das administracións públicas e dos procedementos de contratación administrativa e privada. |
|
A44 |
A1.1 Capacidade para interpretar e elaborar a documentación gráfica dun proxecto, realizar toma de datos, levantamentos de planos e o control xeométrico de unidades de obra. |
|
A45 |
A1.2 Coñecemento dos procedementos e métodos infográficos e cartográficos no campo da edificación. |
|
A46 |
A1.3 Aptitude para traballar coa instrumentación topográfica e proceder ao levantamento gráfico de solares e edificios, e a súa traza no terreo. |
|
A47 |
A2.1 Coñecemento dos materiais e sistemas construtivos tradicionais ou prefabricados empregados na edificación, as súas variedades e as características físicas e mecánicas que os definen. |
|
A48 |
A2.2 Capacidade para adecuar os materiais de construción á tipoloxía e uso do edificio, xestionar e dirixir a recepción e o control de calidade dos materiais, a súa posta en obra, o control de execución das unidades de obra e a realización de ensaios e probas finais. |
|
A49 |
A2.3 Coñecemento da evolución histórica das técnicas e elementos construtivos e os sistemas estruturais que deron orixe ás formas estilísticas. |
|
A50 |
A2.4 Aptitude para identificar os elementos e sistemas construtivos, definir a súa función e compatibilidade, e a súa posta en obra no proceso construtivo. |
|
A51 |
A2.5 Expor e resolver detalles construtivos. |
|
A52 |
A2.6 Coñecemento dos procedementos específicos de control da execución material da obra de edificación. |
|
A53 |
A2.7 Capacidade para ditaminar sobre as causas e manifestacións das lesións nos edificios, propor solucións para evitar ou emendar as patoloxías, e analizar o ciclo de vida útil dos elementos e sistemas construtivos. |
|
A54 |
A2.8 Aptitude para intervir na rehabilitación de edificios e na restauración e conservación do patrimonio construído. |
|
A55 |
A2.9 Capacidade para elaborar manuais e plans de mantemento e xestionar a súa implantación no edificio. |
|
A56 |
A3.1 Capacidade para aplicar a normativa técnica ao proceso da edificación, e xerar documentos de especificación técnica dos procedementos e métodos construtivos de edificios. |
|
A57 |
A3.2 Aptitude para aplicar a normativa específica sobre instalacións ao proceso da edificación. |
|
A58 |
A3.3 Aptitude para o predimensionamento, deseño, cálculo e comprobación de estruturas e para dirixir a súa execución material. |
|
A59 |
A3.4 Capacidade para desenvolver construtivamente as instalacións do edificio, controlar e planificar a súa execución e verificar as probas de servizo e de recepción, así como o seu mantemento. |
|
A60 |
A3.5 Coñecemento dos procedementos e técnicas para avaliar a eficiencia enerxética dos edificios. |
|
A61 |
A3.6 Capacidade para analizar e realizar proxectos de evacuación de edificios. |
|
A62 |
A4.1 Capacidade para programar e organizar os procesos construtivos, os equipos de obra, e os medios técnicos e humanos para a súa execución e mantemento. |
|
A63 |
A4.2 Coñecemento do dereito da construción e das relacións contractuais que se producen nas distintas fases do proceso de edificación. |
|
A64 |
A4.3 Aptitude para redactar estudos, estudos básicos e plans de seguridade e saúde laboral, e coordinar a seguridade en fase de proxecto ou en fase de execución de obra. |
|
A65 |
A4.4 Capacidade para a xestión do control de calidade nas obras, a redacción, aplicación, implantación e actualización de manuais e plans de calidade, realización de auditorías de xestión da calidade nas empresas, así como para a elaboración do libro do edificio. |
|
A66 |
A4.5 Coñecementos da organización do traballo profesional e dos estudos, oficinas e sociedades profesionais, a regulamentación e a lexislación relacionada coas funcións que desenvolve o/a arquitecto/a técnico/a e o marco de responsabilidade asociado á actividade. |
|
A67 |
A4.6 Manexo da lexislación, regulamentación e normativas específicas da prevención e coordinación en materia de seguridade e saúde laboral na edificación. |
|
A68 |
A4.7 Coñecemento da avaliación do impacto ambiental dos procesos de edificación e demolición, da sustentabilidade na edificación. |
|
A69 |
A4.8 Coñecemento das funcións e responsabilidades dos axentes que interveñen na edificación e da súa organización profesional ou empresarial. Os procedementos administrativos, de xestión e tramitación. |
|
A70 |
A4.9 Coñecemento da organización profesional e as tramitacións básicas no campo da edificación e a promoción. |
|
A71 |
A5.1 Capacidade para confeccionar e calcular prezos básicos, auxiliares, unitarios e descompostos das unidades de obra; analizar e controlar os custos durante o proceso construtivo; elaborar orzamentos. |
|
A72 |
A5.2 Aptitude para o desenvolvemento de estudos de mercado, valoracións e taxacións, estudos de viabilidade inmobiliaria, peritaxe e taxación económica de riscos e danos na edificación. |
|
A73 |
A5.3 Coñecemento do marco de regulación da xestión e a disciplina urbanística. |
|
A74 |
A6.1 Capacidade para aplicar as ferramentas avanzadas necesarias para a resolución das partes que comporta o proxecto técnico e a súa xestión. |
|
A75 |
A6.2 Aptitude para redactar proxectos técnicos de obras e construcións, que non requiran proxecto arquitectónico, así como proxectos de demolición e decoración. |
|
A76 |
A6.3 Aptitude para redactar documentos que forman parte de proxectos de execución elaborados en forma multidisciplinar. |
|
A77 |
A6.4 Capacidade de análise dos proxectos de execución e a súa translación á execución das obras. |
|
A78 |
A6.5 Aptitude para analizar, deseñar e executar solucións que faciliten a accesibilidade universal nos edificios e a súa contorna. |
Tipo B
|
Código |
Competencias / Resultados do título - Básicas / Xerais |
|
B1 |
Capacidade de análise e síntese. |
|
B2 |
Capacidade de organización e planificación. |
|
B3 |
Capacidade para a procura, análise, selección, utilización e xestión da información. |
|
B4 |
Coñecementos de informática relativos ao ámbito de estudo. |
|
B5 |
Capacidade para a resolución de problemas. |
|
B6 |
Capacidade para a toma de decisións. |
|
B7 |
Capacidade de traballo en equipo. |
|
B8 |
Capacidade para traballar nun equipo de carácter interdisciplinario. |
|
B9 |
Capacidade para traballar nun contexto internacional. |
|
B10 |
Habilidades nas relacións interpersoais. |
|
B11 |
Recoñecemento e apreciación da diversidade e a multiculturalidade. |
|
B12 |
Razoamento crítico. |
|
B13 |
Compromiso ético. |
|
B14 |
Aprendizaxe autónomo. |
|
B15 |
Adaptación a novas situacións. |
|
B16 |
Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica. |
|
B17 |
Creatividade e innovación. |
|
B18 |
Iniciativa e espírito emprendedor. |
|
B19 |
Capacidade de liderado, diálogo e negociación. |
|
B20 |
Coñecemento de outras culturas e costumes. |
|
B21 |
Motivación pola calidade. |
|
B22 |
Sensibilidade cara a temas de seguridade laboral, accesibilidade, sustentabilidade e medioambiente. |
|
B23 |
Orientación a resultados. |
|
B24 |
Orientación ao cliente. |
|
B25 |
Hábito de estudo e método de traballo. |
|
B26 |
Capacidade de razoamento, discusión e exposición de ideas propias. |
|
B27 |
Capacidade de comunicación a través da palabra e da imaxe. |
|
B28 |
Capacidade de improvisación e adaptación para enfrontarse a novas situacións. |
|
B29 |
Actitude vital positiva fronte ás innovacións sociais e tecnolóxicas. |
|
B30 |
Sensibilidade cara a temas relacionados coa protección, conservación e posta en valor do patrimonio cultural e arquitectónico. |
|
B31 |
B1 Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo. |
|
B32 |
B2 Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo. |
|
B33 |
B3 Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética. |
|
B34 |
B4 Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado. |
|
B35 |
B5 Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía. |
|
B36 |
B6 Capacidade de análise e síntese. |
|
B37 |
B7 Capacidade de organización, planificación e traballo en equipo. |
|
B38 |
B8 Capacidade para a procura, análise, selección, utilización e xestión da información de face á autoformación profesional permanente. |
|
B39 |
B9 Coñecementos de informática relativos ao ámbito de estudo. |
Tipo C
|
Código |
Competencias / Resultados do título - Transversais / Nucleares |
|
C1 |
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
|
C2 |
Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro. |
|
C3 |
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
|
C4 |
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía respectuosa coa cultura democrática, os dereitos humanos e a perspectiva de xénero. |
|
C5 |
Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras. |
|
C6 |
Adquirir habilidades para a vida e hábitos, rutinas e estilos de vida saudables. |
|
C7 |
Desenvolver a capacidade de traballar en equipos interdisciplinares ou transdisciplinares, para ofrecer propostas que contribúan a un desenvolvemento sostible ambiental, económico, político e social. |
|
C8 |
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |
|
C9 |
Ter a capacidade de xestionar tempos e recursos: desenvolver plans, priorizar actividades, identificar as críticas, establecer prazos e cumprilos. |