Guía DocenteCurso
Escola Universitaria de Arquitectura Técnica
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Edificación Sostible (Plan 2017)
 Asignaturas
  Tecnoloxías avanzadas de representación gráfica en edificación
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Sesión maxistral A11 A12 B1 B4 B5 B6 B9 B14 C1 C6 C8 Valorarase a participación activa do alumnado nas sesións maxistrais. 10
Prácticas a través de TIC A12 B2 B4 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B16 B17 C2 C6 Valorarase a participación activa e o aproveitamento do alumnado nas prácticas que se realicen sobre os contidos da materia a través de ferramentas TIC. 10
Traballos tutelados A11 A12 A13 B1 B2 B3 B4 B6 B7 B9 B10 B11 B14 B16 C1 C2 C6 C8 Valorarase a adecuación dos traballos realizados polo alumno aos criterios e orientacións expostos polo profesor. 80
 
Observacións avaliación

Para poder obtar a unha avaliación positiva na
materia o alumno deberá asistir como mínimo ao 80% das clases (sesións
maxistrais, talleres, seminarios, ...).

Para poder ser cualificado será obrigatoria a entrega en tempo e forma de todos os traballos propostos.

Ademais
da asistencia, participación e realización de traballos tutelados
poderanse realizar as probas que se consideren necesarias co fin de
valorar adecuadamente o grao de asimilación dos contidos conceptuais e
procedimentales da materia.

OBSERVACIÓNS ESPECÍFICAS ALUMNADO MODALIDADE FORMACIÓN ONLINE (NON PRESENCIAL)

As
metodoloxías docentes, as actividades de aprendizaxe e os criterios e
metodoloxías de avaliación correspondentes ao alumnado do MUES na súa
modalidade de formación "en liña" (non presencial) adaptaranse ás
características específicas deste tipo de docencia promovendo unha
aprendizaxe autónoma e activa.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes