Guía DocenteCurso
Escola Universitaria de Arquitectura Técnica
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Edificación Sostible (Plan 2017)
 Asignaturas
  Estratexias sostibles con solucións construtivas tradicionais
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Realizarase unha exposición dos contidos a través de medios audiovisuais.
Traballos tutelados Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente ao aprendizaxe do “cómo facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe.
Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor.

O longo do curso, o alumno desenrolará un traballo en equipo que concluirá cunha breve presentación oral ante os seus compañeiros. Para a súa realización, platésaxe dous tipos de traballo alternativos entre os que poderá optar. No entanto, os profesores orientarán ao alumno en relación co tema que propoña, e resérvanse o dereito de reaxustar os temas con fins docentes.

a) Proposta técnica de aplicación dun sistema de arquitectura tradicional pasiva para unha edificación-construción existente actual.
Estudaranse os seguintes aspectos:
- Descrición, composición e aplicacións.
- Deseño do sistema construtivo. Viabilidade técnica da proposta.
- Durabilidad da proposta.
- Melloras que proporciona a nova aplicación.
- Valoración da solución de reciclaxe do material de refugallo.
- Sustentabilidade na produción industrial do material/sistema construtivo.

Cada equipo poderá expor libremente calquera proposta que se axuste aos requisitos xerais establecidos. No entanto, os profesores orientarán aos alumnos en relación co tema que propoñan, e resérvanse o dereito de reaxustar os temas con fins docentes.

b) Estudo en profundidade dunha estratexia pasiva tradicional, composto por:
- Materiais utilizados.
- Sistemas construtivos existentes estudados
- Posibles aplicacións do sistema á edificación actual cun tratamento enerxético, construtivo, de deseño e innovación.
Elixirase algún dos sistemas construtivos do temario propostos polo profesor para este fin.

NOTA:
Existe a posibilidade de que un mesmo traballo sexa desenvolvido conxuntamente nas materias ?Estratexias sustentable con solucións construtivas tradicionais? e ?Estratexias construtivas en arquitectura pasiva e bioclimática?. Para iso, o tema proposto deberá cumprir os requisitos establecidos nas guías docentes de ambas as materias simultaneamente, e deberá ser aprobado polos profesores da materia antes do seu inicio. Nese caso, o traballo deberá ter unha extensión e un nivel de desenvolvemento acorde co tempo de dedicación previsto na planificación de ambas as materias.
Aprendizaxe colaborativa O sistema de desenrolo do traballo tutelado será unha combinación entre o traballo da casa e o seguimento na aula por parte do profesor.
O traballo na aula trátase dun conxunto de procedementos de ensino-aprendizaxe guiados de forma presencial e/ou apoiados con tecnoloxías da información e as comunicacións, que se basean na organización da clase en pequenos grupos nos que o alumnado traballa conxuntamente na resolución de tarefas asignadas polo profesorado para optimizar a súa propia aprendizaxe e a dos outros membros do grupo.
Presentación oral Realizarase unha presentación do traballo tutelado diante dos compañeiros, o profesor fomentará a participación na discusión achega do tema tras a presentación.
Será obrigatoria a presentación dun traballo académico escrito, unha presentación tipo power-point e un panel resumen en tamaño A1 sobre cartón pluma.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes