Guía DocenteCurso
Escola Universitaria de Arquitectura Técnica
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Arquitectura Técnica
 Asignaturas
  Fisica Aplicada I
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Presentación na aula dos conceptos e leis asociados aos fundamentos da mecánica e do comportamento ríxido e elástico do sólido.
Seminario Resolución de exercicios de xeito participativo na aula.
Solución de problemas A avaliación estará formada en parte por probas nas que se busca resolver problemas prácticos concretos, a partir dos coñecementos que se traballaron valorando que se proporcione a resposta esperada, combinada coa capacidade de razoamento (argumentar, relacionar, etc.). Implica un estudo amplo e profundo dos contidos, sen perder de vista o conxunto.
Proba de resposta breve Outra parte da avaliación estará formada por probas de resposta curta que serán resoltas individualmente polo alumno na aula ao finalizar os dous bloques temáticos. Estas probas exporán cuestións teórico-prácticas curtas sobre os contidos dos temas do bloque temático que se está avaliando, proporcionando en ocasións varias opcións de resposta.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes