Guía DocenteCurso
Escola Universitaria de Arquitectura Técnica
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Arquitectura Técnica
 Asignaturas
  Matemáticas II
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba de resposta breve A2 B1 B12 C1 C3 Consistirá nun exame de cuestións teóricas de resposta breve. 35
Solución de problemas A1 A8 A9 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B12 C1 C3 C7 C8 Consistirá na realización dun exame, ao final do cuadrimestre, que constará de varios problemas (exercicios prácticos) 35
Proba obxectiva A1 B1 C1 Consistirá en probas presenciais de diverso tipo, escritas ou mediante plataformas TIC para o alumnado que opte pola avaliación continua con asistencia regular. 30
 
Observacións avaliación

O alumno/a  será avaliado a través dunha "evaluación continua" que constará de dúas partes

A) PRIMEIRA PARTE:

Ao longo do curso os alumnos/as deberán realizar unha serie de traballos, resolución de boletíns de problemas ou cuestionarios presenciais. Valorarase a súa participación activa: Asistencia (activa) ás clases, entrega de traballos, realización de probas a través de TIC etc.

B) SEGUNDA PARTE:

Se o alumno non supera a materia polo procedemento establecido no apartado anterior poderá facelo mediante

a realización dunha proba que conterá preguntas teóricas e prácticas.

A calificación final será a suma do 70% da proba teórico-práctica final e do 30% da nota da avaiación continua do curso.  Para que ambas notas se sumen  ten que conseguir en cada parte, a lo menos, o 33% de súa valoración.

Se o alumno/a  participa en nalgunha das tarefas programadas ao longo do curso, necesariamente será avaliado ao final do mesmo. En ningún caso calificaráselle como Non Presentado

SEGUNDA OPORTUNIDADE: Para a avaliación da asignatura na 2ª oportunidade, (Xullo),  seguiranse os mesmos criterios que na primeira  agás casos excepcionais, que serán considerados polo profesorado da materia, nos que o alumno/a poderá responder a unha proba específica.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes