Guía DocenteCurso
Escola Universitaria de Arquitectura Técnica
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Arquitectura Técnica
 Asignaturas
  Matemáticas II
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba de resposta breve A2 B1 B12 C1 C3 Consistirá nun exame de cuestións teóricas de resposta breve. 35
Solución de problemas A1 A8 A9 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B12 C1 C3 C7 C8 Consistirá na realización dun exame, ao final do cuadrimestre, que constará de varios problemas (exercicios prácticos). 35
Proba obxectiva A1 B1 C1 Consistirá en probas presenciais de diverso tipo, escritas ou mediante plataformas TIC para o alumnado que opte pola avaliación continua con asistencia regular. 30
 
Observacións avaliación

O/a alumno/a será avaliado a través dunha "avaliación continua" que constará de dúas partes ou "fases".

A) PRIMEIRA FASE:

 Ao
longo do curso os alumnos/as deberán realizar unha serie de traballos,
resolver  boletíns de problemas e responder a  cuestionarios.

 Valorarase a súa participación activa: asistencia (activa) ás clases, entrega de traballos, realización de
probas na  aula. Así mesmo, usarase a aplicación informática "MAXIMA" ou
as TIC (Moodle) etc.

B) SEGUNDA FASE:

 O/a alumno/a que non
supere a materia na "primeira fase" poderá superala mediante a
realización dunha "Proba final", que constará de cuestións teóricas e
prácticas; para poder facer media o alumno/a ten que conseguir en cada parte, cando menos, o 33% da súa valoración.

 A
cualificación final será a suma do 70% da proba teórico-práctica final e
do 30% do curso. Para que ambas as notas se sumen, o/a alumno/a ten que
conseguir en cada parte, cando menos, o 33% da súa valoración.

 Se
un/ha alumno/a participa nalgunha das tarefas programadas ao longo do
curso, necesariamente será avaliado ao remate do mesmo. En ningún caso
cualificaráselle como Non Presentado.

SEGUNDA OPORTUNIDADE:
Para a avaliación da asignatura, na 2ª oportunidade (Xullo) seguiranse
os mesmos criterios que para a segunda fase da primeira oportunidade.

 Os
alumnnos matriculados en réxime de tempo parcial
poden optar pola avaliación continua, para isto deberán realizar os
controis e entregar aqueles traballos, boletíns etc. que se pidan ao
resto do alumnado.

 No caso de que non superen a materia pola
avaliación continua, poden realizar a proba final coma o resto do
alumnado e coas mesmas condicións, para a segunda oportunidade. seguiráse o mesmo criterio.

 Nalgúns
casos excepcionais, que o profesorado determinará con carácter
extraordinario,  para o alumnado pertencente a SICUE, ERASMUS, TEMPO
PARCIAL e outros casos, poderánse establecer  probas específicas que
realizarán nas datas fixadas polo Centro.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes