Guía DocenteCurso
Escola Universitaria de Arquitectura Técnica
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Arquitectura Técnica
 Asignaturas
  Materiais II
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Realizarase unha presentación xeral da materia, con indicación das pautas a seguir, así como os elementos a utilizar durante o desenvolvemento da materia.
Sesión maxistral A sesión maxistral é a metodoloxía a empregar nas clases expositivas.
Realizarase a exposición oral de cada lección, complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución dalgunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
Planifícanse 27 horas presenciais e 42 que o alumno debe destinar ao estudo, preparación de apuntamentos, así como á consulta e estudo da bibliografía recomendada co fin de complementar a súa formación.
Prácticas de laboratorio Dentro das Clases Interactivas inclúese a metodoloxía de Prácticas de laboratorio.
A planificación para estas clases é de 27 horas presenciais, cunha dedicación autónoma do alumno doutras 37 horas, co fin de repasar contidos e practicar na solución de exercicios.
Contempla este apartado:
* Realización de prácticas de laboratorio: Realizaranse tres prácticas de laboratorio: Análise granulométrico dunha area, fabricación dun formigón en laboratorio, para posteriormente realizar os ensaios de consistencia e resistencia a compresión e aplicacións e usos do esclerómetro, ultrasóns e extracción de testemuñas de formigón.
* Realización de distintos exercicios de carácter numérico.
* Realización de controis, consistentes na realización de exercicios a resolver durante un tempo limitado, no horario de clase.
Proba obxectiva Trátase dunha proba escrita utilizada para avaliar a aprendizaxe. Esta proba permite avaliar coñecementos, capacidades e destrezas adquiridas polo estudante. Exporanse unha serie de preguntas con resposta breve, relacionando os distintos conceptos traballados durante o curso.
Solución de problemas Exporase a resolución dun ou dous exercicios, nos que a partir duns datos de partida o alumno terá que obter a solución á problemática exposta.
Con esta metodoloxía preténdese avaliar os coñecementos básicos desenvolvidos nas clases de realización de exercicios.
Análise de fontes documentais Utilizaranse documentos audiovisuais e/ou bibliográficos (fragmentos de reportaxes documentais ou películas, fotografías, artigos de revistas, etc.) co fin de proceder á súa análise.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes