Guía DocenteCurso
Escola Universitaria de Arquitectura Técnica
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Arquitectura Técnica
 Asignaturas
  Materiais II
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Solución de problemas B5 B16 En cada exame proporase a solución dun ou varios exercicios relacionados coa materia impartida. 20
Proba obxectiva B1 B16 Realizaranse distintas preguntas, relacionadas coa materia impartida tanto nas clases expositivas, como interactivas, que pretenden avaliar coñecementos, capacidades, destrezas, rendemento, etc. 50
Prácticas de laboratorio A19 B7 B12 B16 B21 C8 Valorarase o traballo realizado polo alumno durante o curso na realización das prácticas de laboratorio, resolución dos exercicios que se expoñan, así como a nota obtida nos controis realizados. 30
 
Observacións avaliación

No exame de cada convocatoria oficial, realizarase unha proba obxectiva e outra de solución de problemas.

PRÁCTICAS DE LABORATORIO:

Representa o 30 % da nota total. A nota obtida gardarase ata a oportunidade de Xullo.

Alumnos con Dedicación Completa:

Para poder optar a esta nota, será necesaria a asistencia a un mínimo do 80 % das clases interactivas e expostivas, así como realizar TODAS as actividades propostas. En caso de non cumprir algún dos requistos anteriores a nota correspondente a las practícas de laboratorio, será cero (0).

As actividades a realizar e a porcentaxe na nota total das Prácticas de laboratorio, serán:

  • Práctica de Laboratorio: Realización da análise granulométrico dunha area (10 %).
  • Práctica de Laboratorio: Deseño e fabricación dun formigón en laboratorio. Realización de ensaios de consistencia e resistencia. (30 %).
  • CONTROL: Exame consistente na resolución dun exercicio de granulometría de áridos. (30 %).
  • CONTROL: Exame consistente na resolución dun exercicio de dosificación dun formigón. (30 %).
Alumnos con Recoñecemento de Dedicación a tempo parcial:

Para optar á Nota correspondente á Avaliación contínua (PRÁCTICAS DE LABORATORIO), deberán realizar obrigatoriamente as actividades contempladas anteriormente, quedando dispensados de cumprir a asistencia obrigatoria ás clases interactivas e expositivas.

NOTA FINAL

A nota final obterase mediante o cálculo da media aritmética ponderada das distintas metodoloxías de avaliación.

Tanto na Proba Obxectiva, como en cada un dos exercicios que poden compor o exame de Solución de Problemas, débese obter unha nota mínima de 4 sobre dez, para calcular a nota media ponderada e poder obter o aprobado na materia.

Sera necesaria unha nota media de 5 sobre 10 para aprobar.

Non se permite o uso de calculadoras programables nos exames da materia.

Realizarase a avaliación continua, no caso de que o número de alumnos por grupo axústese ao aprobado no Consello de Goberno da UDC, de data 27 de Marzo de 2.009 e a súa modificación de 17 de Decembro de 2.009. (60 alumnos nos grupos das clases Expositivas e 20 nos das Interactivas). En caso contrario a avaliación consistirá na realización da proba obxectiva e de resolución de problemas.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes