Guía DocenteCurso
Escola Universitaria de Arquitectura Técnica
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Arquitectura Técnica
 Asignaturas
  Materiais II
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Solución de problemas B5 B16 En cada exame proporase a solución dun ou varios exercicios relacionados coa materia impartida. 20
Proba obxectiva B1 B16 Realizaranse distintas preguntas, relacionadas coa materia impartida tanto nas clases expositivas, como interactivas, que pretenden avaliar coñecementos, capacidades, destrezas, rendemento, etc. 50
Prácticas de laboratorio A19 B7 B12 B16 B21 B22 B27 C8 Valorarase o traballo realizado polo alumno durante o curso na realización das prácticas de laboratorio, resolución dos exercicios que se expoñan, así como a nota obtida nos controis realizados. 30
 
Observacións avaliación

EXAME PRIMEIRA E SEGUNDA OPORTUNIDADE

No exame da primeira e segunda oportunidade, realizarase unha proba obxectiva e outra de solución de problemas.

AVALIACIÓN CONTINUA (PRÁCTICAS DE LABORATORIO)

Representa o 30 % da nota final. Esta nota gardarase ata a segunda oportunidade.

Para poder optar a esta nota, será necesaria a asistencia a un mínimo do 80 % das clases interactivas e expositivas, así como realizar TODAS as actividades propostas. No caso de non cumprir algún dos requisitos anteriores a nota correspondente á Avaliación Continua, será cero (0).

  • Práctica de Laboratorio: Deseño e fabricación dun formigón en laboratorio. Realización de ensaios de consistencia e resistencia. (30 %).
  • CONTROL: Exame consistente na resolución dun exercicio de granulometría de áridos. (30 %).
  • CONTROL: Exame consistente na resolución dun exercicio de dosificación dun formigón. (30 %).

NOTA FINAL

A nota final obterase mediante o cálculo da media aritmética ponderada das distintas metodoloxías de avaliación. (30 % Avaliación Continua, 50 % Proba Obxectiva e 20 % Solución de Problemas).

Tanto na Proba Obxectiva, como en cada un dos exercicios que poden compor o exame de Solución de Problemas, débese obter unha nota mínima de 4 sobre dez, para poder obter o aprobado na materia.

En caso contrario (Nota inferior a 4 nalgunha das partes do exame), a nota medía ponderal dividirase por 1,6.

Sera necesaria unha nota media de 5 sobre 10 para aprobar.

ALUMNOS CON RECOÑECEMENTO DE DEDICACIÓN A TEMPO PARCIAL

Para optar á Nota correspondente á Avaliación Continua (PRÁCTICAS DE LABORATORIO), deberán realizar obrigatoriamente as actividades contempladas no devandito apartado, quedando dispensados de cumprir a asistencia obrigatoria ás clases interactivas e expositivas.

Non se permite o uso de calculadoras programables nos exames da materia.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes