Guía DocenteCurso
Escola Universitaria de Arquitectura Técnica
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Arquitectura Técnica
 Asignaturas
  Materiais II
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Solución de problemas B5 B16 En cada exame proporase a solución dun ou varios exercicios relacionados coa materia impartida. 20
Proba obxectiva B1 B16 C1 Realizaranse distintas preguntas relacionadas coa materia impartida, tanto nas clases expositivas, como interactivas, que pretenden avaliar coñecementos, capacidades, destrezas, rendemento, etc. (Ponderación 80%).
Realizarase así mesmo unha proba tipo test, co fin de avaliar os coñecementos específicos sobre a materia tratada. (Ponderación 20%.).
50
Prácticas de laboratorio A19 B7 B12 B16 B21 B22 B27 C8 Valorarase o traballo realizado polo alumno durante o curso na realización das prácticas de laboratorio, resolución dos exercicios que se expoñan, así como a nota obtida nos controis realizados. 30
 
Observacións avaliación

EXAME PRIMEIRA E SEGUNDA OPORTUNIDADE

No exame da primeira e segunda oportunidade, realizarase unha parte teórica e outra de solución de problemas.
AVALIACIÓN CONTINUA (PRÁCTICAS DE LABORATORIO)

Representa o 30 % da nota final, sempre que se asista ao 80% da clase e realícense as actividades e lecturas que se propoñan semana a semana (80%).

Para poder optar a esta nota, será necesaria a asistencia a un mínimo do 80 % das clases interactivas e expositivas, así como realizar TODAS as actividades propostas, obtendo unha nota mínima de 4 sobre 10 na nota global. No caso de non cumprir algún dos requisitos anteriores a nota correspondente á Avaliación continua, será cero (0).

As actividades a realizar e a porcentaxe na nota total das Prácticas de laboratorio, serán:

    Práctica de Laboratorio: Realización da análise granulométrico dunha area (10 %).
    Práctica de Laboratorio: Deseño e fabricación dun formigón en laboratorio. Realización de ensaios de consistencia e resistencia. (30 %).
    CONTROL: Exame consistente na resolución dun exercicio de granulometría de áridos. (30 %).
    CONTROL: Exame consistente na resolución dun exercicio de dosificación dun formigón. (30 %).

NOTA FINAL

A avaliación da signatura terá en conta, en calquera convocatoria, tanto o traballo continuado do alumno durante o curso (avaliación continua) como a puntuación obtida no exame final da materia. O alumno aprobará a materia cando obtendo un 5 na avaliación continua e asistise ao 80% das clases e realizado o traballo previo necesario, obtivese OBRIGATORIAMENTE unha nota superior ou igual a 5 no exame final.

A nota final obterase mediante o cálculo da media aritmética ponderada das distintas metodoloxías de avaliación. (30 % Avaliación Continua, 50 % Proba Obxectiva e 20 % Solución de Problemas).

En cada unha das partes que compoñen o exame deberase obter unha nota mínima de 4 sobre 10, para poder aprobar o exame. En caso contrario (Nota inferior a 4 nalgunha das partes do exame), a nota medía ponderal dividirase por 1,6.



Sera necesaria unha nota media de 5 sobre 10 no exame para aprobar.
Esta materia non admite dispensa académica por ser eminentemente práctica.

Non se permite o uso de calculadoras programables nos exames da materia.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes