Guía DocenteCurso
Escola Universitaria de Arquitectura Técnica
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Arquitectura Técnica
 Asignaturas
  Estructuras I
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva A8 B1 B3 B5 B12 B14 B16 B26 C1 Proba/as realizada/as polo alumno individualmente durante o curso. Poden ser prácticas, teóricas ou mixtas. Valorarase:
- Coñecemento dos conceptos teóricos
- Aplicación dos coñecementos teóricos.
- Resolución de problemas.
- Planteamiento, claridade e precisión.
10
Proba obxectiva A8 B1 B3 B5 B12 B14 B16 B26 C1 Exame final da materia. Valorarase:
- Dominio dos coñecementos teóricos
- Estructuración de contenidos
- Aplicación dos coñecementos teóricos
- Resolución de problemas
- Planteamento, claridade e precisión.
- Dominio da operativa da materia
90
 
Observacións avaliación

Para poder optar á oportunidade de Xuño (1ª oportunidade) o alumno debe contar cunha asistencia a clase igual ou superior ao 80%. Para obter unha calificación de Aprobado na oportunidade de Xuño (1ª oportunidade) o alumno debe sumar 5 puntos entre a/as proba/as obxectivas realizadas durante o curso e o exame final da materia. 


Para a oportunidade de Xullo (2ª oportunidade) o alumno poderá optar entre unha evaluación na que se lle conserve a nota obtida nas probas obxectivas realizadas durante o curso, neste caso o exame final puntuará sobre 9 puntos (segundo a táboa anterior); ou ben outra na que o único elemento evaluable sexa a nota obtida no exame final da asignatura, neste caso dito exame puntuará sobre 10 puntos. En calquera dos dous casos, para acadar a calificación de Aprobado o alumno debe sumar 5 puntos.


O exame será de tipo teórico-práctico, incluindo problemas e preguntas de teoría sobre a asignatura.


Para a resolución do exame, os alumnos poderán contar cun formulario manuscrito consistente en 1 Din A4 escrito por ámbalas dúas caras con tinta indeleble, no que soamente poderán figurar fórmulas. En particular, non poderá conter exemplos resoltos nin procedementos para a solución destes.


Os únicos materiais permitidos nas probas obxectivas son:


-DNI, Carnet Universitario ou documento identificativo equivalente (de obligada presentación).


-Material de escritura e debuxo.


-O formulario descrito anteriormente.


-Calculadora non programable.


Queda terminantemente prohibido o uso de dispositivos electrónicos de almacenamento ou comunicación. En particular, os teléfonos móviles deberán permanecer apagados e fora das mesas durante a realización de calquera proba obxectiva.


O inclumprimento destas condicións significará a expulsión do exame ou proba obxectiva de curso e a calificación de 0 en dita proba.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes