Guía DocenteCurso
Escola Universitaria de Arquitectura Técnica
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Arquitectura Técnica
 Asignaturas
  Proxectos Técnicos I
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Análise de fontes documentais A27 B1 B2 B7 B13 B16 B23 C2 C3 C4 C5 C6 UTILIZACIÓN DA BIBLIOGRAFÍA CORRESPONDENTE. 2
Portafolios do alumno A15 B2 B7 B15 B19 B23 C1 C4 C7 C8 IRANSE GARDANDO TODOS OS TRABALLOS DO ALUMNO NUNHA CARPETA QUE EL MESMO DISEÑARÁ NO COMEZO DO CURSO. TERANSE SESIÓNS PERSOAIS COS ALUMNOS EN TITORÍAS PARA QUE FAGAN AUTOCORRECCIÓNS DOS TRABALLOS. 2
Prácticas de laboratorio A27 A31 B1 B2 B7 B16 B23 B24 C1 C3 C6 C7 C9 SERVIRÁN ESTAS PRÁCTICAS PARA FACER CORRECCIÓNS DOS EXERCICIOS. 51
Sesión maxistral A29 A31 B1 B13 B16 B23 C1 C4 C7 SEMANALMENTE ANTES DE QUE SE EXPOÑAN OS EXERCICIOS PRÁCTICOS, FARASE UNHA EXPOSICIÓN ORAL E NA PIZARRA DOS CONTIDOS POR PARTE DO PROFESOR QUE TRATARÁ DE TEMAS QUE VAI ABORDAR NA PRÁCTICA. 2
Solución de problemas A15 A29 A31 B1 B2 B7 B16 B24 C1 C3 C4 C7 C8 FARANSE PUBLICAMENTE EN HORARIOS PRESENCIAIS ONDE TODOS PODERÁN INTERVIR DANDO O SEU PUNTO DE VISTA DA SOLUCIÓN. 13
Traballos tutelados A15 A27 A31 B1 B2 B13 B15 B16 B19 B24 C1 C3 C6 C9 PARTE DOS EXERCICIOS SERÁN PLANTEADOS E RESOLTOS EN HORARIO NON PRESENCIAL COA CORRESPONDENTE DISCUSIÓN E CORRECCIÓN DOS MESMOS EN HORARIO PRESENCIAL. 30
 
Observacións avaliación
Para a avaliación da materia esíxese unha asistencia regular tanto ás clases expositivas como ás interactivas, cun mínimo do 80% de asistencia en cada unha delas.

A docencia da materia de Proxectos Técnicos I baséase nunha metodoloxía de Aprendizaxe Baseada en Proxectos (ABP), suxeitos a un sistema de avaliación continua.

1.- A cualificación dos alumnos ten un soporte definitivo nas prácticas e traballos tutelados dos mesmos, coas porcentaxes de valoración, distintos, que se establecen nos anteriores criterios de avaliación.
2.- As prácticas e traballos tutelados entregados, todas e todos eles obrigatorios, teñen distinto carácter:
A.- Entregables avaliables (ao redor do oito prácticas).
B.- Selectivas (unha práctica).
3.- A última práctica, composta de dous partes, unha proyectiva e outra valorativa, tendo que superar as dúas; e o resultado final fai media coas outras practicas do curso.


Para superar a materia, por curso deberá de cumprirse a condición seguinte:

1.-Ser entregadas todas as prácticas e traballos individuais e cada unha/un delas/es debera ser considerada/o como apta/o.

Este criterio tamén é aplicable tanto á Primeira como á Segunda Oportunidade:

Os alumnos que non superen a materia por curso deberán entregar os traballos correspondentes na data fixada para a Primeira Oportunidade de avaliación (XANEIRO) ou, no seu caso, na data fixada para a Segunda Oportunidade de avaliación (XUÑO-XULLO). Nestas entregas deberán seguirse obrigatoriamente as indicacións, fixadas nas tutorías correspondentes, do profesor responsable da materia.


IMPORTANTE: Terá a condición de NON PRESENTADO o alumno que se atope nalgunha das seguintes circunstancias:

- Non cumprir co mínimo de asistencia esixido.
- Non entregar algún dos traballos propostos.

Non se permitirá completar ou modificar os traballos fóra das datas de entrega sinaladas.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes