Guía DocenteCurso
Escola Universitaria de Arquitectura Técnica
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Arquitectura Técnica
 Asignaturas
  Equipos. medios auxiliares e de seguridade
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva A3 A16 A23 A25 B1 B2 B5 B6 B13 B16 B22 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 Proba individual por escrito que integra preguntas abertas de desenvolvemento tanto de teoría como de solución de problemas. Ademais, en canto ás preguntas obxectivas, pode combinar preguntas de resposta múltiple tipo test, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar, de debuxo ou de asociación, e resolución de exercicios prácticos. 70
Solución de problemas A3 A16 A23 A25 B1 B2 B5 B6 B13 B16 B22 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 Realizaranse prácticas durante as sesións interactivas, complementada co uso de medios informáticos para que o alumno resolva presencialmente en clase os problemas propostos por el profesor.
Realizarase asimesmo traballo na casa en equipo consistente en proxectos propostos polo profesor que se presentarán públicamente nas sesións interactivas.
28
Saídas de campo A3 B16 B22 Realizaranse unha ou varias visitas a obra ou asistencia a conferencia que será cualificada en función da asistencia e da participación do alumno na mesma. 2
 
Observacións avaliación

Para superar a materia é condición necesaria aprobar (5 sobre 10) a proba obxectiva.

Se a proba obxectiva foi aprobada a súa cualificación computará ao 70% sobre a cualificación final da materia.

O 30% restante será o resultado da media aritmética simple das cualificacións de todas as prácticas realizadas (28%) máis a nota da visita guiada ou conferencia (2%).

Esta cualificación ao 30% da nota media das prácticas manterase e sumarase á cota da proba obxectiva para a cualificación final tanto da primeira como da segunda oportunidade, se a houber, sempre que se cumpran as dúas condicións antedichas e a proba obxectiva fose aprobada.

Se a proba obxectiva non foi aprobada a cualificación final da materia será a obtida na mesma computando ao 100%. 

Non se corrixirá ningunha proba obxectiva que non se firme nin se cubran todos o datos persoais.

O alumno que non asista ás clases prácticas ou non realice a proba obxectiva será cualificado con Non Presentado

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes