Guía DocenteCurso
Escola Universitaria de Arquitectura Técnica
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Arquitectura Técnica
 Asignaturas
  Patoloxía e Rehabilitación
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A4 A5 A19 A24 A29 A31 B12 Proba que integra preguntas tipo de probas de ensaio e preguntas tipo de probas obxectivas.
En canto a preguntas de ensaio, recolle preguntas abertas de desenvolvemento. Ademais, en canto preguntas obxectivas, pode combinar preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación.
70
Traballos tutelados A4 A18 A19 A20 A24 A29 A31 B1 B2 B3 B5 B6 B7 B12 B16 B22 B27 B28 C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8 Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente á aprendizaxe do "como facer as cousas". Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe.
Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor.
30
 
Observacións avaliación

A avaliación da signatura terá
en conta, en calquera convocatoria, tanto o traballo continuado do
alumno durante o curso (avaliación continua) coma a avaliación obtida no
exame final da materia. O alumno aprobará a materia cando despois de
obter un 5 na avaliación continua, obtivese OBRIGATORIAMENTE unha nota
superior ou igual a 5 no exame final.

A nota final estará formada
polo 30% da avaliación continua e o 70% do exame en todos os casos. Se
non se cumpren as condicións para optar á avaliación continua a nota
final estará formada só polo 70% da nota obtida no exame.

Para
optar á avaliación continua é necesario a asistencia de polo menos ao
80% das clases expositivas e ao 80% das clases interactivas, e é
OBRIGATORIO a realización de TODOS os traballos e a súa presentación. A
non realización dun dos traballos orixina a perda do dereito á
avaliación continua. A nota final neste caso estaría formada polo 70% da
nota do exame. No caso da realización de todos os traballos e de faltar
EXCEPCIONALMENTE (só cando así o crea o profesor) á exposición dun
deles, reducirase á metade a nota do traballo. En ningún caso se poderá
faltar a 2 exposicións.

A avaliación continua inclúe o
traballo desenvolvido nas clases interactivas, o traballo autónomo
xeral do alumno desenvolvido durante o curso, os traballos tutelados e
as presentacións orais. Copiar de internet ou doutros traballos supoñerá
a cualificación dun 0 na avaliación continua final.

A avaliación das clases interactivas realizarase do xeito seguinte

0: a non asistencia a clase

1: asistencia a clase e non se realizou o traballo persoal

2: asistencia a clase e o traballo realizado é moi insuficiente

4:
asistencia a clase pero o traballo realizado é insuficiente, non
completo. Ou o alumno non participa nos debates xerados en clases ou os
coñecementos que achega son insuficientes aínda cando realice o traballo
planificado para sexa semana.

6: asistencia a clase e o traballo realizado é bo pero incompleto nunha pequena parte. Participa nos debates de xeito axeitado.

8:
asistencia a clase e o traballo realizado realizado é bo e inclúe
achegas ao tema por parte do alumno. Participa nos debates de xeito edecuada

10:
poderase obter só como nota final cando se obteñan de forma sistemática
8 nas clases interactivas e asista con regularidade a clase

En
canto á cualificación do exame final, esta estará formada polo 40% da
nota obtida na proba obxectiva ou test e o 60% da nota obtida nas
preguntas de desenvolvemento, sempre e cando se alcance unha valoración
superior ao 40% en cada unha das partes (1.6 puntos na proba obxectiva e
2.4 na proba de desenvolvemento). Cando non se alcancen estes mínimos
en cada unha das partes, o exame estará automaticamente suspenso e non
poderá ter unha cualificación superior a un 4.

Os alumnos que
sexan Arquitectos Técnicos con experiencia profesional poderán elixir
formar parte dun grupo experimental cuxo traballo e avaliación será
obxecto de acordo ao principio do curso. Se o traballo desenvolvido non
reune os requisitos mínimos considerados polo profesorado, perderán esta
condición e pasarán a avaliarse como o resto de alumnos.evaluación continua. A nota final neste cas

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes