Guía DocenteCurso
Escola Universitaria de Arquitectura Técnica
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Arquitectura Técnica
 Asignaturas
  Patoloxía e Rehabilitación
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A4 A5 A19 A24 A29 A31 B12 Proba que integra preguntas tipo de probas de ensaio e preguntas tipo de probas obxectivas.
En canto a preguntas de ensaio, recolle preguntas abertas de desenvolvemento nas que haberá que analizar e desenvolver, razoando, as cuestións obxecto de exame. Esta análise poderase acompañar de debuxos e detalles construtivos. Ademais, en canto preguntas obxectivas, pode combinar preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación.

Este tipo de proba se reserva para os alumnos que decidan NON OPTAR POLA AVALIACIÓN CONTINUA. Constituirá o 60% da nota. Necesítase unha nota superior ao 5 para superala
1
Traballos tutelados A4 A18 A19 A20 A24 A26 A29 A31 B1 B2 B3 B5 B6 B7 B12 B16 B22 B26 B27 B28 B29 B30 C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8 Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente á aprendizaxe do "como facer as cousas". Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe.
Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor.

Estes traballos serán expostos nas clases interactivas de forma obrigatoria para ser obxecto de avaliación. A avaliación farase individualmente aínda que o traballo sexa en grupo. Ademais dos traballos en grupo teranse que realizar outros individualmente. Os traballos individuais computarán o 40% da nota final neste epígrafe. Será necesario obter unha nota superior a un 5 e ter todas as actividades realizadas para poder aprobar esta parte.
40
Análise de fontes documentais A4 A5 A19 A26 A29 B1 B3 B5 B6 B12 B16 B22 B26 B27 B28 B30 C1 Técnica metodolóxica que supón a utilización de documentos audiovisuais e/ou bibliográficos (fragmentos de reportaxes documentais ou películas, noticias de actualidade, paneis gráficos, fotografías, biografías, artigos, textos lexislativos, etc.) relevantes para a temática da materia con actividades especificamente deseñadas para a análise dos mesmos. Pódese empregar como introdución xeral a un tema, como instrumento de aplicación do estudo de casos, para a explicación de procesos que non se poden observar directamente, para a presentación de situacións complexas ou como síntese de contidos de carácter teórico ou práctico.

Avaliarase a capacidade de análise da bibliografía e a súa capacidade de aplicación a través de preguntas durante as clases ou en traballos específicos. Avaliarase de forma individual e conxunta

Será necesario obter unha nota superior a un 5 e ter todas as actividades realizadas para poder aprobar esta parte.
20
Proba obxectiva A4 A19 A20 A24 A26 A29 B1 B3 B12 B16 Proba escrita utilizada para a avaliación da aprendizaxe, cuxo trazo distintivo é a posibilidade de determinar se as respostas dadas son ou non correctas. Constitúe un instrumento de medida, elaborado rigorosamente, que permite avaliar coñecementos, capacidades, destrezas, rendemento, aptitudes, actitudes, intelixencia, etc. É de aplicación tanto para a avaliación diagnóstica, formativa como sumativa.

A Proba obxectiva pode combinar distintos tipos de preguntas: preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación. Tamén se pode construír con un só tipo dalgunha destas preguntas.

Será necesaria unha nota mínima dun 5 para poder aprobar
39
 
Observacións avaliación

A avaliación da signatura terá en conta, en calquera convocatoria, tanto o traballo continuado do alumno durante o curso (avaliación continua) como a avaliación obtida no exame final da materia. O alumno aprobará a materia cando obtendo un 5 na avaliación continua, obtivese OBRIGATORIAMENTE unha nota superior ou igual a 5 no exame final.

A nota final estará formada polo 30% da avaliación continua e o 70% do exame en todos os casos.  Se non se cumpren as condicións para optar á avaliación continua a nota final estará formada só polo 70% da nota obtida no exame.

Para optar á avaliación continua é necesario a asistencia de polo menos ao 80% das clases expositivas e ao 80% das clases interactivas, e é OBRIGATORIO a realización de TODOS os traballos e a súa presentación. A non realización dun dos traballos orixina a perda do dereito á avaliación continua. A nota final neste caso estaría formada polo 70% da nota do exame. No caso da realización de todos os traballos e de faltar EXCEPCIONALMENTE (só cando así o crea o profesor) á exposición dun deles, reducirase á metade a nota do traballo, a condición de que este sexa presentado polo resto do grupo e estes certifiquen a súa participación. En ningún caso poderase faltar a 2 exposicións.

A avaliación continua inclúe o traballo desenvolvido nas clases interactivas, o traballo autónomo xeneral do alumno desenvolvido durante o curso, os traballos tutelados e as presentacións orais. O copiar de internet  ou doutros traballos suporá a cualificación dun 0 na avaliación continua final.

A avaliación farase individualmente aínda que o traballo sexa en grupo.
Ademais dos traballos en grupo teranse que realizar outros
individualmente. Os traballos individuais computarán o 40% da nota final
neste epígrafe. Será necesario obter unha nota superior a un 5 e ter
todas as actividades realizadas para poder aprobar esta parte.

A avaliación das clases interactivas realizarase da maneira seguinte

0: a non asistencia a clase

1: asistencia a clase e non se realizou o traballo persoal

2: asistencia a clase e o traballo realizado é moi insuficiente

4: asistencia a clase pero o traballo realizado é insuficiente, non completo.

6: asistencia a clase e o traballo realizado é bo pero incompleto nunha pequena parte.

8: asistencia a clase e o traballo realizado realizado é bo e inclúe achegas ao tema por parte do alumno.

10: poderase obter só como nota final cando se obtiveron de forma sistemática 8 nas clases interactivas e asistise con regularidade a clase

En canto á cualificación do exame final, esta estará formada polo 40% da nota obtida na proba obxectiva ou test e o 60% da nota obtida nas preguntas de desenvolvemento, a condición de que se alcance unha valoración superior ao 40% en cada unha das partes (1.6 puntos na proba obxectiva e 2.4 na proba de desenvolvemento). Cando non se alcancen estes mínimos en cada unha das partes, o exame estará automaticamente suspenso e non poderá ter unha cualificación superior a un 4.

Caso particular: alumnosque non realizan as actividades da avaliación continua ( recoñecemento de dedicación a tempo parcial ou exencións).

Os alumnos que por algún motivo non poidan realizar as actividades que se avaliarán no que se definiu como avaliación continua, terán dereito a demostrar o seu coñecemento a través dun exame que estará formado por un test e se se supera este a unha proba de desenvolvemento oral. Esta proba oral en caso de non poderse facer de forma presencial substituirase por un exame oral a través da plataforma Teams ou similar. Esta modalidade de avaliación excepcional manterase tamén na segunda oportunidade .Para aprobar haberá que ter unha nota superior a 5 en cada unha das partes. A nota final estará formada polo 40% do test e o 60% da proba de desenvolvemento. En cada unha das partes haberá que ter unha nota superior a 5 para poder aprobar. Se non se chega a ese mínimo en cada unha das partes a nota final será como máximo dun 4

Ante calquera diferenza entre a versión en castelán e galego, terá prevalencia a guía en castelán.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes